займ срочно

Os alumnos da Escola Municipal de Música de Ames celebran mañá o concerto de fin de curso

0

Ames, 20 de xuño do 2017 – Mañá mércores o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames celebra o seu tradicional concerto de fin de curso.

imaxe de arquivo do concerto de Nadal

Este ano, o concerto presenta algunha novidade con respecto a edicións anteriores, xa que o alumnado interpretará un conto inventado polas alumnas e os alumnos de Linguaxe Musical da escola.

A actuación será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:30 horas.

Concerto en Negreira

Alén deste concerto no Milladoiro, parte do alumnado da EMMA tamén realizará unha actuación na Casa da Cultura de Negreira. Neste concerto, no que participarán preto de 90 alumnas e alumnos da escola, os grupos de violíns interpretarán, entre outras, cancións do grupo británico Rolling Stones e mesmo unha canción popular polaca; mentres que pola súa banda, os grupos de frautas e de guitarras optarán por bandas sonoras de filmes como a Pantera Rosa ou o Inspector Gadget. O alumnado de canto interpretará algunha canción popular africana, mentres que os combos tocarán temas de Pop clásico como, por exemplo, o mítico tema Proud Mary, dos Creedence Clearwater Revival. Por último, o alumnado de coro e de Linguaxe Musical interpretarán desde unha canción de creación propia, a un tema popular africano e mesmo unha canción tradicional portuguesa. Ademais destes temas, cada grupo tamén interpretará outros de diferentes estilos.

O concerto na Casa da Cultura de Negreira celebrarase o xoves, 22 de xuño, ás 19:30 horas. Haberá servizo de autobuses, con paradas no Milladoiro, Bertamiráns e Aldea Nova, para todas as nenas e os nenos que participen nesta actuación no concello veciño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies