Ames, 27 de marzo do 2019 – O Partido Popular de Ames ven de denunciar o “contrasentido” do goberno municipal ao sacar a licitación a Xestión, Recadación e Inspección de tributos por máis de medio millón de euros no canto de municipalizar.
Según o PP a plataforma de contratación do Estado publicaba o día 25 o concurso para a xestión e recadación das taxas de servizos como o de axuda no fogar, a escola municipal de música ou dous que máis polémica xeraron nos últimos meses: bos días cole e tardes divertidas. O concurso inclúe tamén os relacionados coa apertura de establecementos, expedicións de licenzas urbanísticas ou o imposto sobre construcións e obras, entre outros.
O período de licitación é de dous anos e o valor superaría os 600.000 euros. os populares non perden a oportunidade de criticar, nun comunicado, que o contrato ” deixa clara a incoherencia da esquerda, unha cousa e predicar e outra dar trigo”.
Según o Partido Popular os únicos servizos que seguen a ser municipais son os “rescatados para a xestión pública no 2012” e que xestiona a Deputación. Entre eles está o Imposto de Bens Inmobles, o de Actividades Económicas, o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, o uso do chan para o suministro de servizos o o de uso de terreo público para instalación de postos entre outros.