займ срочно

Cineforum sobre feminismo en Ames coa participación de Filomena Fraga

0

Ames, 18 de abril do 2018 – A Plataforma feminista galega en Ames organiza este xoves un cineforum sobre feminismo coa presenza da veciña e escritora Filomena Fraga.

Filomena FragaA Plataforma ven organizando nos últimos meses debates  nos que participaron mulleres como María Xosé Agra, Carme Adán ou Concha Rusia. Seguindo con esa oferta de debate en torno ao feminismo mañá xoves organiza un cineforum coa proxección da película Señora de, premiada no seu día no Festival de Cine de Valladolid. Na cinta diferentes mulleres narran a súa experiencia nuns anos no que a sociedade era aínda moito máis patriarcal que hoxe en dia e non podían facer practicamente nada sen o permiso do home. Unha das protagonistas e a veciña de Ames Filomena Fraga que participará no encontro.

A proxección e debate terá lugar este xoves 19, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, as sete e media da tarde con entrada libre ata completar aforo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies