Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Carmen Lemos será a presidenta da Comisión de Orzamentos Participativos

Concello de Ames DSC_0186 slide_r

Ames, 20 de xuño do 2017 – Representantes das parroquias de Ameixenda, Covas, Trasmonte, Bugallido, Piñeiro, Ortoño, Lens, Tapia e Biduido e os membros do goberno de Ames Genma Otero, Blas García e David Santomil integran a Comisión de Orzamentos Participativos (COP) 2017, constituída o pasado venres, 16 de xuño, no Salón de Sesións do Concello de Ames. María del Carmen Lemos, representante da parroquia de Covas e Genma Uria, concelleira de Economía e Facenda, foron elixidas por unanimidade presidenta e secretaria respectivamente da devandita Comisión.

É a primeira vez que un goberno en Ames propón orzamentos participativos para o rural. O prazo para que asociacións e particulares presenten as súas propostas remata o día 23 de xuño. Até o momento recibíronse preto de 70 propostas.

A Comisión, constituída en cumprimento das bases que regulan o proceso de Orzamentos Participativos, acordou, tamén por unanimidade, ampliar o prazo até o 23 de xuño para que as dúas parroquias que aínda non nomearon representante poidan facelo e incorporarse así á Comisión. Ademais acordouse que a seguinte xuntanza da Comisión tería lugar o vindeiro xoves, día 6 de xuño, ás 21:00 horas no pazo da Peregrina. Por outra parte a Comisión acordou tamén por unanimidade dos membros presentes aceptar as propostas que varios veciños e veciñas entregaron os días 7 e 8 do mes de xullo, antes do prazo establecido para que entren a formar parte do proceso.

Os orzamentos participativos son unha ferramenta activa de participación e xestión na que a cidadanía fai propostas e decide o destino de parte dos recursos municipais. A través desta iniciativa, que é a primeira vez que se pon en marcha no Concello de Ames, recóllese a proposta do goberno de participación da veciñanza asignando a cantidade de 132.000 euros como orzamento participativo destinado a gastos do Capítulo VI (investimentos reais) cun reparto igualitario de 12.000 euros para cada unha das 11 parroquias (Lens, Tapia, Piñeiro, Ameixenda, Trasmonte, Agrón, Covas, Bugallido, Ames, Biduído e Ortoño) para actuacións no rural.

O goberno municipal desenvolveu unha intensa campaña de información e difusión desta proposta e realizou, desde o 18 de maio, 14 xuntanzas veciñais nas 11 parroquias do municipio. A estas xuntanzas acudiron máis de 200 veciños e veciñas. Unha vez finalizados entres encontros coa veciñanza dende o goberno municipal fixo un balance moi positivo pola alta participación de veciños/as e polo de debate creado sobre a iniciativa de orzamentos participativos. Ademais, estas xuntanzas serviron para que os participantes lle trasladaran ao goberno as primeiras demandas e lles falaran das necesidades de actuacións no rural.

Até o día 23 de xuño está aberto o prazo para que asociacións e particulares presenten as súas propostas. Posteriormente a Comisión de Orzamentos

Post navigation

Previous: Mazarelos acollerá múltiples actividades por  San Xoán
Next: Compostela firma acordos con entidades sociais por máis de 260.000 euros

Máis novas

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Cartel Millarock 2026
5 minutes read
  • Xeral

XV Millarock en Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.