займ срочно

O campionato de España de agility pasa por Ames

0

Ames, 12 de abril do 2018 – Ames presentou no Pazo da Peregrina unha proba de Agility da Real Sociedade Canina de España, que se desenvolverá no campo de fútbol do Milladoiro os días 21 e 22 de abril e será puntuable para o campionato de España.

Organizada polo club canino Amizar Agility, nela colaboran o Concello de Ames, a S.D. Milladoiro, a empresa Arion e maila clínica veterinaria A Media Lúa. A presentación desta iniciativa correu a cargo do alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, do presidente da S.D. Milladoiro, Vicente “Checho” González, así como do vicepresidente, José Antonio Pereiro, e tesoureiro, Diego Manuel Rivademar, do club canino Amizar Agility. Dita proba contará coa presenza do xuíz internacional portugués Jorge Pires. As inscricións pecharanse o xoves 19 de abril.

O tesoureiro do club canino Amizar Agility, José Antonio Pereiro, destacou que “desde o club canino Amizar Agility queremos agradecer a posibilidade que nos brinda o Milladoiro S.D. ao cedernos o seu campo, xa que acostuma ser moi complicado conseguir instalacións con estas características. Para nós é unha grande satisfacción poder organizar esta proba, que nos permite darnos a coñecer como asociación, ao tempo que difundimos este deporte, aínda pouco estendido entre a veciñanza do concello”.

Categorías e graos de competición

A competición presenta tres categorías diferentes, en función do tamaño dos cans. Desta maneira, a categoría mini inclúe aqueles animais cuxo salto non supera os 30 centímetros, mentres que a categoría midi engloba aqueles outros cuxo salto acada alturas de 45/50 centímetros. A terceira das categorías é a categoría estándar, na que se inclúen os cans que conseguir facer saltos de ata 60 centímetros.

Da mesma maneira, as competicións tamén teñen graos. O primeiro destes graos está dirixido a aqueles cans que aínda están empezando no agility, mentres que o segundo representa un nivel intermedio. O terceiro dos graos é a máxima categoría neste deporte, cunhas maiores esixencias para os animais e cunhas pistas de maior dificultade.

Ademais, cada un destes graos ten dúas probas diferenciadas: o jumping e o agility. Así, o jumping está conformado por circuítos nos que as zonas de contacto (bancos, ramplas, aros…) non están presentes, polos que neles os animais alcanzan velocidades máis elevadas. O agility, pola súa banda, si que ten presentes as zonas de contacto, que os cans están obrigados a tocar no desenvolvemento da proba.

Horarios e inscrición na proba de agility

Os cans estarán divididos nas categorías estándar e mini/midi para os graos 1, 2 e 3. O sábado, 21 de abril, a competición comezará ás 16:30 horas coas probas correspondentes ao grao 1, a continuación, ás 17:15 horas, desenvolverase a correspondente ao grao 2, e de seguido a do grao 3. O domingo, 22 de abril, comezarase ás 10:00 horas coas probas correspondentes ao grao 1. De seguido realizaranse as probas dos graos 2 e 3. Os horarios poden variar segundo o número de participantes. Dita proba contará coa presenza do xuíz internacional portugués Jorge Pires. É obrigatorio presentar cartilla de puntuacións e levar consigo a cartilla veterinaria dos cans. As cartillas devolveranse despois da entrega de trofeos.

As inscricións pecharanse o xoves 19 de abril. Para tramitar as inscrición pódese enviar un correo electrónico ao enderezo amizaragility@gmail.com. O importe da proba é de 12€ día/can e 6€ día/segundo can e seguintes do mesmo competidor. O pago de inscricións realizarase en mesa por un representante do club. Para máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 618 290 778, pertencente a Juan Muñíz do club canino Amizar agility.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies