займ срочно

Brión inicia as obras de mellora entre San Salvador e Coruxido

0

Brión, 21 de agosto do 2020 –  O Concello de Brión vén de poñer en marcha as obras de mellora da seguridade viaria na travesía entre San Salvador e Coruxido, cun investimento de máis de 300.000 euros procedente integramente de fondos propios.

“Con este proxecto, damos resposta a unha antiga demanda da veciñanza da zona”, asegura o alcalde de Brión, José Luis García. A actuación estase a desenvolver na travesía que une os núcleos de San Salvador e Coruxido e que se estende algo máis de dous quilómetros. Trátase dunhas melloras moi solicitadas, xa que se trata dunha área residencial bastante concorrida. A travesía dá servizo ademais a un total de seis núcleos poboacionais (Bastavaliños, Casal do Eiro, Romarís, O Ribeiro, Osebe e Curuxido) e é tamén un dos viais de acceso á igrexa de Bastavales.

A actuación comprende a habilitación dunha senda peonil ao longo de toda a travesía. Discorrerá pola marxe esquerda deste vial en dirección á estrada autonómica AC-300 ao longo duns 2,3 quilómetros. Dita senda construirase en formigón coloreado –para unha mellor integración paisaxística- con mallazo de 15 centímetros de espesor sobre unha base de zahorra de 20 centímetros.

En xeral, a senda peonil contará cun ancho de 1,80 metros, se ben haberá nalgúns puntos no que se deberá estreitar. Así mesmo, nas zonas de nova urbanización que xa contan con beirarrúas, a senda unirase a elas dándolle, deste xeito, continuidade.

Por outra banda, tamén se levará a cabo a renovación de redutores de velocidade tipo “lombo de asno”. Deste xeito, búscase moderar a velocidade á que circulan os vehículos por esta concorrida travesía.

O prazo de execución destas obras é de seis meses. Porén, agárdase telas rematadas antes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies