займ срочно

Obradoiros de conciliación en Brión

0

Brión, 10 de xuño do 2020 – O Concello de Brión convoca os obradoiros de verán que, con motivo da pandemia do coronavirus COVID-19, estarán dirixidos a familias empadroadas que precisen de conciliación por traballar os pais.

Os obradoiros serán gratuítos e pensados como xeito de conciliación para aquelas familias que non teñan outra opción para deixar aos rapaces. Terán lugar do 22 de xuño ao 11 de setembro e as inscricións poderán facerse ata o martes anterior ao inicio da quincena en actividadesbrion@gmail.com ou no 981 50 99 08.

O alcalde de Brión, José Luís García, explica que “debido á situación excepcional provocada pola pandemia do coronavirus COVID-19, decidimos que os obradoiros deste ano sexan gratuítos, organizados por quincenas e só para casos realmente necesarios de familias empadroadas en Brión, é dicir, para ofrecerlles unha solución de conciliación a aquelas familias nas que pai e nai traballen e non teñan ningunha outra alternativa para deixar aos nenos e nenas”.

Estes obradoiros, denominados “Neonovo e o novo mundo!”, terán lugar do 22 de xuño ao 11 de setembro, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas. O Concello de Brión tamén habilitará a posibilidade de deixar ás crianzas de 8:30 a 9:30 horas e recollelos ata as 14:30 horas, se fora preciso. Poderán participar nenos e nenas entre 3 e 14 anos empadroados en Brión. Os obradoiros organizaranse en grupos dun máximo de 9 nenos e nenas, divididos por idades, de modo que as actividades que se realicen estarán adaptadas a cada idade: plástica, natureza, música, artesanía… Unhas actividades que sempre seguirán os protocolos de seguridade indicados polas autoridades sanitarias.

As fichas de inscrición poden descargarse da páxina web municipal (www.concellodebrion.gal) e deberán enviarse antes do martes anterior ao inicio da quincena, é dicir, o martes 16 de xuño no caso da quincena do 22 de xuño ao 3 de xullo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies