займ срочно

Brión acolle a obra “Nacidas libres”

0

Brión, 29 de decembro do 2018 – O centro social polivalente de Brión acolle esta tarde, ás 20:30 horas, a obra “Nacidas libres”, dirixida por Cristina Domínguez e sobre un texto de Cándido Pazó.

Nacidas libres é unha peza da compañía Contraproduccións. Foi programa inicialmente para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero pero, en aquela ocasión,  tivo que ser atrasada.

Trátase dunha obra dirixida a un público maior de 13 anos na que as actrices Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño interpretan ata unha ducia de personaxes que reflexionan sobre distintos temas vistos dende a perspectiva de xénero: a desigualdade, a emigración, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas… A entrada é libre e de balde.

A actuación está organizada polo Concello de Brión, que conta coa colaboración da Rede Cultural 2018 da Deputación Provincial da Coruña, e coa subvención do AGADIC e da Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies