займ срочно

Ponte Ledesma vivíu a Noite Velada

0

Boqueixón, 10 de setembro do 2017 – A ponte románica de Ledesma en Boqueixón rememorou o enfrontamento contra as tropas de Napoleón coa Noite Velada.

A ponte que une as provincias de Pontevedra e Coruña foi no século XIX escenario do enfrontamento dos veciños contra as tropas de Napoleón, conseguindo derrotalas o que se lembra nas pedras de acceso a ponte para orgullo da aldea.

O concello de Boqueixón decidiu organizar un evento vinculado a este lugar tan especial e o pasado día 8 preparou a Noite Velada, un xeito de por en valor o patrimonio e a paisaxe de Ponte Ledesma. A ponte estivo iluminada por centos de velas e fachos que deron ao entorno un aspecto aínda máis fermoso.

A partir das 9.30 da noite, no campo do río de Ledesma,  comezou a soar o grupo Campo de Estrellas, sendo os encargados de abrir a noite cun repertorio de música clásica. A continuación tocoulle a quenda ao grupo Son de Gaitas e, remataron a noite Os Carunchos que animaron  ata pasada a media noite.

Durante as actuacións os asistentes disfrutaron do conxuro da queimada que realizou Sinto da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre, así como do posto de bebidas e comida do Mesón O Imprevisto de Forte (Boqueixón).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies