займ срочно

Boqueixón duplica as axudas á natalidade e nacemento

0

Boqueixón, 27 de maio do 2022 – Boqueixón duplica as axudas destinadas a sufragar os custes de nacemento, acollemento ou adopción de crianzas empadroadas no concello.

O prazo de presentación de solicitudes acaba de abrirse por segundo ano consecutivo despois de que se iniciaran no 2021. Boqueixón pasa en esta convocatoria dos douscentos aso catrocentos euros por familia.

O Concello destina 8.000 euros que según explica o alcalde, Manuel Fernández Munin, son “ampliables se fose preciso”.  O rexedor engade que “con esta iniciativa, ademais de axudar economicamente ás familias, queremos apoiar ao noso comercio local, polo que o gasto terá que facerse en empresas radicadas en Boqueixón”.

As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva e con independencia da renda familiar. Unhas axudas de 400 euros para todos os nenos e nenas nados, acollidos ou adoptados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022. Unha achega que será de 500 euros no caso de acreditar unha discapacidade da crianza dun 33% ou superior.

Solicitudes

Para poder solicitar as axudas é preciso que a familia estea empadroada en Boqueixón (incluído o menor) no momento de presentar a solicitude e comprometerse a seguir empadroada un mínimo de 3 anos. Así mesmo, será necesario non ter pendente de xustificar subvencións outorgadas polo Concello nin estar en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de subvencións que establece a Lei.

Os cartos deberán ser gastados en beneficio do neno/a: cueiros, lácteos e alimentos infantís, roupa, calzado, enxoval, produtos de  hixiene infantil, medicamentos ou calquera outro tipo de produtos receitados polo facultativo de pediatría. Uns produtos que deberán ser adquiridos en establecementos comerciais emprazados no municipio de Boqueixón.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica municipal (https://sede.boqueixon.com). Así mesmo, poderanse presentar solicitudes de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Boqueixón. O Concello de Boqueixón establece dous prazos de presentación de solicitudes:

Para as persoas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 23 de maio, o prazo será de 15 días naturais (contados a partir do 24 de maio).  Para as persoas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 24 de maio e o 31 de decembro, o prazo de solicitude será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao nacemento, acollida ou adopción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies