Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

O gabinete de alcaldía de Ames contrata un novo administrativo como persoal eventual

O Partido Popular de Ames critica duramente a contratación dun novo administrativo para o gabinete de alcaldía como persoal eventual.
Concello de Ames DSC_0186 slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 20 de febreiro do 2020 – O Partido Popular de Ames critica duramente a contratación dun novo administrativo para o gabinete de alcaldía como persoal eventual.
    • Criticas aos locais da oposición

Ames, 20 de febreiro do 2020 – O Partido Popular de Ames critica duramente a contratación dun novo administrativo para o gabinete de alcaldía como persoal eventual.

O novo administrativo é o cuarto destinado ao gabinete. Según os populares isto converte ao goberno municipal no máis caro da historia do concello cun custo de 800.000 euros ano.

Nunha nota de prensa o PP amiense explica que “cun incremento do 159% nas retribucións das dedicacións exclusivas e nun 107% nos 4 cargos de confianza dos Socialistas, o señor Miñones accedeu ademais a proporcionar dedicacións exclusivas, tanto completas como parciais, a todos os membros do Goberno, excepto a un”.

Os populares fan fincapé tamén nos soldos dos socios de goberno, BNG e Podemos, que “perciben un salario bruto anual de case 40.000 euros, sendo canto menos curioso o caso da Gemma Otero, que leva incumprindo case 5 anos o establecido no código ético do seu propio partido ao superar en 15.000 euros o permitido pola formación”.

Criticas aos locais da oposición

Os Populares denuncian ademais a  “grave situación que se mantén dende o principio do mandato en canto ao local habilitado para facer labor de oposición, a todas luces insuficiente, escaso, inapropiado e que os socialistas néganse a resolvelo”. O PP pon como exemplo que o grupo mixto, formado por dous edís, conta con dous despachos mentres que eles, con 6 concelleiros, carecen do espazo necesario.

Post navigation

Previous: Brión aproba un convenio coa UNED para a formación do centro de traballo colaborativo
Next: Lousame celebrará o Entroido este sábado 22

Máis novas

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Cartel Millarock 2026
5 minutes read
  • Xeral

XV Millarock en Ames

Cartel do día mundial do orullo en Ames
2 minutes read
  • Ames

Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ en Ames

Unha imaxe dun dos comedores escolars do concello de ames
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian en Ames o “abandono” de comedores escolares

Edificio da Telleira, en Bertamiráns, Ames
2 minutes read
  • Ames

Preocupación pola interrupción do servizo da Telleira en Ames

Cartel do Ames Jazz 2026, a novena edición do certame
3 minutes read
  • Xeral

Unha nova edición do Ames Jazz chegará en xullo

Imaxe do pleno celebrado en Ames
4 minutes read
  • Xeral

Ames aproba a continuidade do SIMU, servizo de autobús de interese municipal

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.