займ срочно

Pratos tradicionais e música nun Encontro Intercultural en Ames

0

Ames, 22 de setembro do 2017 – Mañá sábado, 23 de setembro, Ames volverá acoller un novo Encontro Intercultural, aberto a toda a veciñanza. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 17:00 horas.

O Encontro Intercultural, organizado pola Concellaría de Servicios Sociais,  incluirá a degustación dalgúns pratos tradicionais preparados por varias familias migrantes afincadas en Ames, un obradoiro de cometas guatemaltecas e dúas actuacións: a do grupo de danza popular venezolana “Alma Llanera” e a da cantante de tangos Rocío Freijanes.

Este encontro Intercultural naceu no ano 2008, procura a interculturalidade entre a veciñanza de Ames mediante o intercambio de saberes e sabores, favorecendo a creación de lazos e dando a coñecer diferentes culturas a través de algo tan común como é o comer. Nos seus comezos, estes encontros eran organizados nas aulas de castelán e galego, impartidas polo Concello ás persoas migrantes chegadas a Ames. Posteriormente, a iniciativa pasou a ser aberta a toda a veciñanza.

Algúns dos pratos que se poderán degustar este sábado son: conservas de coco, pan de xamón e arepas de Venezuela; ceviche de gambas de Colombia; kibe e brigadeiros de Brasil; garnachas e dobladas de Guatemala; moro de frijoles con costela de República Dominicana; funge de muamba e pudim de Angola; augas de froitas de México; pastas de té de Marrocos; e empanada e bica de millo de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies