займ срочно

Ames aproba a convocatoria de axudas para as ANPAS, asociacións culturais e festas populares

0

Ames, 30 de xuño do 2017 – A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar as convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas asociacións culturais e para a promoción de festas populares (exercicio 2017) e para as actividades realizadas polas ANPAS durante o exercicio 2016. Esta última liña de axudas aprobouse despois de resolver os recursos presentados polas ANPAS á convocatoria de subvencións de 2015. Deste xeito unifícanse todas as subvencións de concorrencia competitiva e con criterios obxectivos da Concellaría de Educación e Cultura.

O goberno municipal acaba de aprobar a convocatoria de tres liñas de subvencións municipais. En primeiro lugar, despois de resolver os recursos presentados polas ANPAS á convocatoria de subvencións de 2015, aprobouse a liña de axudas para sufragar as actividades levadas a cabo polas ANPAS durante o exercicio 2016. Para este fin destínase un total de 20.000 euros. Poderán optar a estas subvencións as ANPAS existentes nos centros educativos de titularidade pública do Concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, sempre e cando os datos da inscrición estean debidamente actualizados ao momento de solicitar a achega. Os conceptos subvencionables son os de viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas e mailo de mobiliario e material didáctico.

   Para a realización de actividades por parte das asociacións culturais no exercicio 2017 destínanse un total de 40.000 euros. Poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais ou veciñais que realicen actividades de índole cultural existentes no Concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, sempre e cando os datos da inscrición estean debidamente actualizados ao momento de solicitar a achega. Nesta caso poderán ser subvencionadas, ata un máximo do 80% do presuposto total, as actividades de índole cultural desenvolvidas polos suxeitos indicados anteriormente, así como a adquisición de material inventariable.

En terceiro lugar, aprobouse unha contía de 29.500 euros para a promoción de festas populares durante 2017. A estas axudas poderán optar as asociacións culturais existentes no Concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, sempre e cando os datos da inscrición estean debidamente actualizados ao momento de solicitar a achega. Poderán ser subvencionadas, ata un máximo do 50 % o presuposto total, as actividades asociadas á celebración das festas populares desenvolvidas polos suxeitos indicados.

Subvencións de concorrencia competitiva

Deste xeito, dende a Concellaría de Educación e Cultura unifícase dentro dunha mesma convocatoria as diversas liñas de axudas de concorrencia competitiva e con criterios obxectivos existentes. Asemade, dende o goberno confirman a eliminación das subvencións nominativas que se concedían en edicións anteriores. Cómpre destacar tamén que as bases das liñas de axudas ás asociacións culturais e para a realización de festas populares foron modificadas no pasado ano despois de abrir un proceso de participación no que interviron diversas asociación culturais e agrupacións de veciños/as.

No tocante a liña de axudas para as ANPAS municipais, tamén foron modificadas as bases para esta nova edición de subvencións, despois de manter diversas xuntanzas con ditas entidades. O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, destaca que tal como nos comprometemos coas ANPAS modificamos varios puntos das bases no que se refire os conceptos subvencionables e incluímos novos conceptos como os de organización de encontros e xornadas, así como o de mobiliario e material didáctico. Estes conceptos foron acordados coas ANPAS e contemplan a posibilidade de subvencionar o 100% das actividades en función do volume de alumnado que ten cada centro escolar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies