займ срочно

Presentan alegacións aos proxectos eólicos en Vila de Cruces

0

Vila de Cruces, 1 de outubro do 2020 – O voceiro do BNG de Vila de Cruces, Alejandro Fiuza, ven de presentar alegacións aos parques eólicos previstos en Axouxere, Cunca e Rodeira nos territorios de Vila de Cruces e Silleda.

Os proxectos de eólicos están en exposición pública desde o 5 de xuño no que atinxe ao impacto ambiental. A empresa que os desenvolve é a mesma que xa se atopou con oposición na zona de Ordes, Green Capital Power.

A primeira alegación ten que ver coas infraestruturas de alta tensión que terán que construírse para conectar os parques coa subestación de Silleda e que afectará ao Mosteiro de Carboeiro. No documento fálase de que estas torres “ocasionarán negativos e irreparables efectos sobre o ecosistema do monte, tendo ademais un carácter irreversible”.

Na segunda alegación faise referencia a contradición que supón que a petición de instalación dos parques aluda a ” necesidade crecente de enerxía dentro dunha situación de respecto ambiental” cando Vila de Cruces, pese a ser un gran produtor de enerxía eléctrica, segue sufrindo cortes de suministro en moitos lugares e moi a miudo.

Finalmente o escrito explica que Galicia ten bastantes parques eólicos e é unha comunidade con excedentes de electricidade con respecto ao seu consumo interno. Baseándose en esta circunstancia denunciase a “posible incompatibilidade entre o uso que se pretende dar a este aproveitamento eólico no Bustelo (e tamén nas partes afectadas do Campelo, parque co que compartiría infraestrutura) e o rendemento obtido do mesmo”.

O escrito alude tamén a afectación da zona Rede Natura 2000 no sistema fluvial Ulla Deza que xa sofre o paso da liña de alta tensión Mesón do Vento a Lindoso. Menciona así mesmo o custo social provocado pola contaminación acústica, contaminación visual, perda de terreos e incluso vivir a carón de liñas de media tensión que pasan ao lado das propias casas, a menos de 500 metros dos Aeroxeradores.

O último apartado dedícase a transparencia e critica que a única comunicación oficial fora un escueto bando do goberno local que complicou a presentación de alegacións por parte da veciñanza que tivo que apurar os prazos para oporse á instalación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies