Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Boqueixón
  • Vedra
  • Vila de Cruces
  • Xeral

Preocupación no Ulla polas plantacións intensivas de D.O. Rías Baixas

Os grupos do BNG na Estrada, Vedra e Vila de Cruces presentarán unha moción referente ás  plantacións intensivas na D.O. Rías Baixas.
preocupacion-do-ulla-polas-macroplantacions-de-vide-slide-27-novembro-2023_r

Bisbarra, 27 de novembro do 2023 – Os grupos do BNG na Estrada, Vedra e Vila de Cruces presentarán aos respectivos plenos unha moción referente ás  plantacións intensivas na D.O. Rías Baixas.

Os concelleiros nacionalistas nunha zona na que xa se talou unha carballeira

Na exposición de motivos explican que ven de crearse unha plataforma en defensa do val do Ulla que alerta do problema de dedicar grandes extensións de terreos a plantacións intensivas de viñedos.

Para habilitar esas grandes extensións a plataforma denuncia que isto supón “a tala de grandes masas de bosque autóctono, incluso bosque de ribeira, eliminando así o papel ecolóxico que compren estes bosques”.

Por outra banda estas prácticas supoñen a redución de terras agro-forestais o que provoca incluso un “aumento do seu prezo e distorsión no mercado de xeito que resulte inalcanzable para a posibilidade de incremento da base territorial da maior parte das explotacións da zona”.

Tamén explican que “a pesares da prohibición de rega do viñedo, é ben sabido que a práctica totalidade das novas plantación van dotadas de elementos de fertirrigación, o que supón un significativo incremento no consumo de auga destinado a estes cultivos”.

Estas plantacións intensivas supoñen unha importante aportación de fertilizantes que acaban afectando aos acuíferos e a propia salinización do sustrato, rompendo cos modelos clasicos de explotación máis sostibles de menos carga e espazos máis limitados.

 Isto tamén vai supor o uso de enormes cantidades de fitosanitarios para o control de pragas e enfermidades, co efecto acumulativo que acaba trasladandose ao medio ambiente, coas conseguinte afección á fauna e microfauna.

Os nacionalistas rematan a exposición engadindo que o modelo de plantacións intensivas  “parece deseñado para beneficio exclusivamente de grandes adegas ou grupos empresariais que tratan de establecer un sistema de monocultivo intensivo en grandes espazos”

Para o BNG este modelo “nada ten que ver co modelo agrario presente na zona que combina viñedos con bosque, pastos, terreos para forraxe e horta nun mosaico de explotación territorial moito máis sostible, menos contaminante, xerador de riqueza na zona e fixador de poboación”.

A moción advirte de que na actualidade as plantacións intensivas afectan principalmente a Vedra e Boqueixón pero, explican, “é un proceso que vai seguir e afectará moi probablemente da mesma maneira á parroquia silledense de Cira, ás cruceñas de Gres, Camanzo e Añobre e as estradenses de Baloira, Santa Cristina, San Miguel de Castro e Arnois  incluídas na D.O. Rias Baixas”.

Os acordos que se solicitan se concretan no traslado do apoio das corporacións á veciñanza do Val do Ulla “nas súas demandas para que de facerse novas plantacións de viñedos estas se fagan de maneira ordenada e respectando os seus medios e modo de vida”.

Nun segundo punto ínstase ás corporacións a “solicitar á Xunta de Galiza que desenvolva, a maior brevidade, o catálogo de usos e orientacións produtivas que contempla a Lei 11/2021 de recuperación da terra agraria de Galiza, e que para o mesmo sexa preceptivo informe municipal para calquera cambio de uso de solo forestal a agrario para plantación de viñedos de forma intensiva”.

Post navigation

Previous: Comezan as obras da nova depuradora de Urdilde en Rois
Next: Negreira prepara o Mercado de Nadal 2023

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.