займ срочно

Novo aglomerado para a travesía de Bastavaliños en Brión

0

Brión, 15 de marzo do 2022 – O Concello de Brión inviste máis de 90.000 € no aglomerado da travesía de Bastavaliños. Uunhas obras que estarán rematadas este mes.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, visitou o inicio de estas obras de pavimentación da travesía de Bastavaliños, incluídas no Plan Único de Concellos “POS+2021”.

Uns traballos que se iniciaron esta semana coa demolición dos redutores físicos de velocidade e dos pasos de peóns elevados, así como daqueles treitos da senda peonil que darán acceso aos novos pasos de peóns elevados.

Pablo Lago explica que “ademais de mellorar o estado do firme da travesía de Bastavaliños, imos aproveitar tamén para colocar algúns dos redutores de velocidade. Buscaremos que non estean tan pegados ás vivendas, xa que iso xera ruídos e molestias para a veciñanza, sobre todo pola gran cantidade de tráfico pesado que soporta esta estrada”.

Unha estrada na que estará restrinxida a circulación durante a execución dos traballos, coa única excepción das persoas residentes na zona. Se o tempo o permite, o obxectivo é que a pavimentación da travesía estea rematada a finais da próxima semana.

Mellora da seguridade

Nestes días estase procedendo a nivelar a altura do firme da travesía coa altura da senda peonil existente, de forma que estean niveladas e se mellore a seguridade dos peóns á hora de cruzar á calzada. O  Concello de Brión instalará oito pasos elevados ao longo dos 2.290 metros desta travesía, totalmente recta. Todos levarán consigo dúas sinais luminosas de paso de peóns, unha de cada lado, para incrementar a seguridade.

Estes pasos de peóns elevados instalaranse nas proximidades dos núcleos de poboación, mentres que o Concello tamén ten previsto instalar outros nove redutores de velocidade entre os distintos pasos de peóns. O obxectivo é que os vehículos non superen os 50 km/hora aos que está marcada esta estrada, pero cuxo trazado fai que moitos condutores superen eses límites. A maiores, colocarase unha nova sinalización horizontal e vertical.

O novo pavimento executarase mediante unha capa de 3 centímetros de mestura bituminosa e a correspondente rega de adherencia ao longo dos 2.290 metros de lonxitude da travesía de Bastavaliños. Así mesmo, o Concello de Brión aproveitará os traballos para recolocar parte do mobiliario urbano desta travesía, como poden ser as marquesiñas do transporte escolar para emprazalas nos lugares máis seguros e a onde teñan un máis doado acceso o maior número de crianzas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies