займ срочно

Silleda substituirá o alumeado de Nadal por material de refugallo

0

Bisbarra, 6 de outubro do 2022 – O concello de Silleda presentou en rolda de prensa un ambicioso proxecto que elimina a iluminación de Nadal e a substitúe por material de refugallo.

O municipio contará no proxecto coa participación de Cogami, dándolle de este xeito un carácter social. A decisión tomouse atendendo á situación social e económica actual. En caso de instalarse iluminación, será fotovoltaica. Usarase materiais de refugallo e outros sostibles como madeira, tamén en colaboración con empresas e colectivos da zona.

O alcalde, Manuel Cuíña, explicaba que “Este ano non instalaremos nin unha soa bombilla de luz eléctrica para a iluminación de Nadal. Imos ser coherentes co momento que nos tocou vivir e tentaremos ser responsables co medio ambiente, ca crise enerxética e ao mesmo tempo darlle unha dimensión social ao Nadal”.

Con esta iniciativa, o alumeado substituirase por creacións feitas por material de refugallo e segundo uso, aos que dará forma COGAMI a través dos obradoiros dos Centro de Recursos de Medelo, nunha nova colaboración que aposta pola integración das persoas con discapacidade.

Cuiña, que compareceu co vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, o director do CDR Cogami de Medelo, Iván García, e as concelleiras de Cultura e Comercio, Mónica González e Pili Peón, explicou que o Concello contactou hai xa dúas semanas ca entidade para facerlles a proposta.

O proxecto nace con idea de continuar en anos próximos “Se ben este ano os prazos son moi axustados, a nosa idea é seguir o vindeiro ano con máis tempo e conseguir marcar un fito tendo todo o ano para desenvolver a idea”, sinalou o alcalde apuntando tamén a colaboración de persoal municipal.

Para a consecución contarase ca colaboración de empresas do municipio, que aportarán materiais como madeiras, e tamén de entidades como os centros educativos, que xa están tamén a recompilar por exemplo botellas de plástico que se entregarán a Cogami.

Colocaránse arcadas nas rúas e decoraranse prazas, todo con material dun segundo uso (madeiras, plásticos, perchas, bastidores….).

Concurso Silleda Fai Nadal e dinamización do rural

O alcalde tamén informou que haberá algunhas creacións con luces, que se permitirán no certame Silleda Fai Nadal, que este ano celebrará a súa terceira edición. “No caso do Concello, se se pon algunha será de carga fotovoltaica”, engadiu.

Ademais do Certame de decoración de Nadal, aberto a particulares e colectivos, este ano estrearase outro concurso que ten como finalidade dinamizar o rural.

As creacións decorativas chegarán tamén ao rural, onde as persoas participantes que demostren visitar as 33 localidades optarán aos premios, nun certame que se concretará nos vindeiros días.“Con isto tamén buscamos que a veciñanza coñeza todas as parroquias”, engade o alcalde, que advertiu que a proposta xa foi presentada á directiva da asociación de comercios ECOS, con boa acollida.

Por parte de Cogami, Iván García, agradeceu ao Concello de Silleda que se contara co colectivo e sinalou que dende que se fixo a proposta “foi un proxecto que gustou moito, con vistas a continuar e que esperamos que guste ao pobo”.

“Enfrontámonos a un reto porque queremos que sexa tamén un traballo moi participativo e que as 26 persoas que acoden ao Centro de Medelo participen en todas as creacións”, engadiu.

O vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, cualificou a iniciativa como un proxecto “innovador”, que vai na liña do cumprimento da nova Lei de Residuos, utilizando materiais de segundo uso. “Temos moita ilusión neste proxecto, que ademais pon en valor ao pobo e ás persoas con discapacidade”, indicou lembrando outras colaboracións co Concello, como o mantemento dos xardíns. “O Concello de Silleda aposta pola inclusión”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies