займ срочно

Compostela avanza no proceso de privatización da auga

0

Compostela, 18 de xaneiro do 2022 – A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou a convocatoria dunha consulta preliminar ao mercado sobre a futura concesión da xestión da auga.

O procedemento consiste en presentar a distintas empresas do sector o plan que se quere sacar a concurso para coñecer a súa opinión. As empresas que participan en este consulta sobre a xestión da auga son Viaqua; FCC Aqualia S.A.; Espina & Delfín S.L.; Acciona Agua y Servicios S.L.U.; Sacyr Agua S.L.; y Gestión y Técnicas del Agua S.A. (Gestagua).

Oposición da oposición

Aínda que con distintas posturas toda a oposición reclama un debate máis a fondo sobre a privatización. Tanto Compostela Aberta como BNG ven unha posibilidade na municipalización mentres que o Partido Popular considera que se necesita máis información antes de decidir o modelo de xestión.

Os tres grupos rexistraron en conxunto a petición dun pleno extraordinario sobre a xestión da auga. Pola súa banda o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, insiste en que a decisión está tomada e lembra que o contrato rematou no 2018 polo que achaca a Compostela Aberta que non fixera entón o que agora reclama. Bugallo lembra tamén a BNG e PP que en concellos gobernados polas súas formacións a privatización do servizo foi tamén o sistema de xestión elixido para a auga.

No outro lado da balanza están exemplos como o de Valladolid, gobernado polos socialistas e claramente beneficioso para a cidade, ou o de Teo onde o aforro económico foi considerable.

Share.

Comments are closed.