займ срочно

Vedra invita a seguir as estrelas dos Reis Magos polo concello

0

Vedra, 30 de decembro do 2020 – O concello de Vedra puxo en marcha unha iniciativa que invita a seguir o camiño dos Reis Magos por terras do concello.

Vedra preparou unha credencial que se pode imprimir desde a web do concello, en este enlace, coa que os participantes terán que buscas as estrelas repartidas polas parroquias. Cada estrela que se atope terá que pegarse na credencial para que o día de Reis os Magos de Oriente poidan conceder a Estrelana, un certificado de ter feito o Camiño das Estrelas.

Un concurso con pistas

O xogo ten unha serie de pistas que axudarán a atopar as estrelas necesarias:

Ponte Ulla: teño unha morea de roupa que lavar

Santa Cruz: na porta do xardín da camelia

Vilanova: tempo de moer o gran

San Pedro de Sarandón: fai un día precioso para pasear pola beira do río

San Miguel de Sarandón: que ganas teño de salmón!

Vedra:a pía bautismal de pedra

Illobre: a que hora é a misa?

San Fins: Paseando cos romanos

San Xián: Ímoslle tocar unha peza

San Mamede: onde os alambiques botan fume

Merín: no galo cataventos

Trobe: a casa da fábrica ten a resposta

Inscricións para o Día de Reis

A recepción aos Reis Magos será o cinco de xaneiro, de catro a sete da tarde, na nave da estación Santa Cruz en quendas de media hora. Para participar hai que anotarse na web municipal. No acto os Reis entregarán as Estrelanas a todos os que completen o Camiño das Estrelas.

Share.

Comments are closed.