займ срочно

O Parlamento Europeo investigará a situación da mina de San Finx

0

Lousame, 4 de outubro do 2019 – A Asociación Petón do Lobo arrincou un compromiso do Parlamento Europeo para que no 2020 unha misión visite e investigue a situación da mina de San Finx.

Era a segunda vez que a comisión europea debatía as denuncias por vulneración das normas medioambientáis do continente en San Finx. 24 horas antes chegaba un informe da Xunta de Galicia que fora pedido pola institución un ano antes, un retraso criticado por tódolos grupos menos o Partido Popular.

Non foi o retraso a principal crítica ao documento. O contido do documento foi cualificado de “unha auténtica burla” polo representante da entidade peticionaria, a Asociación Petón do Lobo, integrante de ContraMINAcción. A vicepresidenta da Comisión de Peticións, e eurodeputada socialista, Cristina Maestre afirmou que “non hai por onde collelo”.

Propósitos discutibles

O informe da Dirección Xeral de Minas non só di que a avaliación de impacto ambiental, establecida como condicionante para a aprobación dos proxectos nunha resolución firme de 2008 non era necesaria, se non que chega a afirmar que as presas de colas mineiras de San Finx non eran tales e que “probablemente foron construídas con propósito hidroeléctrico”.

As presas que agora a Xunta di seren para uso hidroeléctrico están perfectamente documentadas como presas de residuos mineiros nos plans anuais de labores da explotación entre 1983 e 2000, ano no que misteriosamente se deixaron de presentar. Tamén constan como tales nun inventario de balsas e escombreiras de residuos mineiros encargado pola Xunta en 1999, despois do desastre ecolóxico de Aznalcóllar. Non obstante, a Xunta fixo desaparecer as presas no proxecto mineiro e plan de restauración que aprobou en 2009 e que ocultou a todos os organismos sectoriais, incluído o ambiental.

Este negacionismo e a pretensión da Xunta de que unha mina iniciada em 1883 puidese operar en pleno século XXI exactamente igual que fai 100 anos, valeulle as duras críticas das deputadas dos Verdes, EFA, Renew Europe e Socialistas e Demócratas, que pediron abertamente que se establecese unha misión de investigación conformada por representantes de todos os grupos parlamentarios para comprobar a situación sobre o terreo e as denuncias de vulneración sistemática de distintas directivas, incluíndo as de calidade das augas, avaliación ambiental, participación pública e control da contaminación por parte das industrias extractivas.

A comisión, coas distintas intervencións, pódese ver aquí

Misión no 2020

 A misión de investigación realizarase con toda probabilidade en 2020 de forma independente aos outros procedementos de investigación en curso sobre a situación en San Finx, incluíndo as propias dilixencias penais contra os altos responsábeis da Xunta e empresas mineiras e o procedemento aberto na Comisión de Cumprimento do Convenio de Aarhus nas Nacións Unidas. Desde ContraMINAcción confíase en que “a atención e ridículo internacional faga con que a Xunta recapacite e asuma as súas responsabilidade de control e supervisión para que as presas mineiras de San Finx e a contaminación asociada á mina deixe de ser unha ameaza para a ría e as persoas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies