займ срочно

Xosé Sánchez Bugallo prepara o relevo

0

Compostela, 28 de maio do 2019 – Con máis medios dos habituais durante a campaña electoral, Xosé Sánchez Bugallo explicou a axenda prevista para chegar á toma de posesión como alcalde de Santiago.

Sánchez Bugallo repetiu moitos dos compromisos da campaña. Intención de traballar pola cidade e ser o seu alcalde, converter a Compostela nunha referencia, manter o asinado co Foro Cívico en materia de infraestruturas e ser o alcalde da cidade e non do partido. Tamén deixou frases que definen a actitude coa que volve ao consistorio “non somos nostálxicos do pasado” “non temos unha Citroën ou un Inditex pero temos outras cousas”.

O que será o novo alcalde de Santiago explicou que as súas prioridades pasan pola preparación do Ano Xacobeo, a revitalización do Consorcio e impulsar a mellora dos servizos de seguridade, transporte ou limpeza. Pedirá ademais que se pare a licitación dos orzamentos participativos do 2020, o que pode significar que ese modelo de gobernanza rematou, e revisará todo o expediente da reforma de Clara Campoamor para buscar o xeito de encaixala no proxecto, presentada en campaña, de reforma do Restollal.

Onte luns Sánchez Bugallo reuníase co que será o seu equipo de goberno e ao longo da semana ten previsto reunirse co resto dos portavoces da corporación. A intención é tomar un café en privado para falar “con sinceridade” de todo, conversas que non se darán a coñecer polo menos pola súa banda. Parte da idea dun goberno en solitario pero non está pechado a nada polo que nas próximas semanas saberemos que goberno toma posesión o 15 de xuño.

Share.

Comments are closed.