займ срочно

Denuncian que o Consello escolar de Ames impide o debate

0

Ames, 14 de marzo do 2019 – O PP de Ames ven de denunciar que a última convocatoria do Consello Escolar viña con hora fixada de inicio e remate, reducindo a sesión a unha única hora o que impide o debate de calquera cuestión e a intervencións dos presentes.

O Partido Escolar explica que no correo de convocatoria dicíase literalmente “Como coincide no día co Pleno do Concello Extraordinario de Orzamentos 2019 está previsto que o Consello Escolar dure como máximo 1 hora”.

Os Populares criticaron a premura na convocatoria do pleno extraordinario de orzamentos pero. incluso así, consideran que a reunión do Consello non tiña porque coincidir co Pleno e podía facer outro día. Consideran que “o Consello Escolar, é unha cita importante xa que, comunidade educativa e representantes políticos teñen ocasión de falar sobre cuestións do día a día nos diferentes centros, e máis nun Concello como Ames, no que o aumento de prazas está á orde do día ante a crecente demanda dada pola curva de natalidade ascendente dende hai unha década”.

Dende o Partido Popular entenden que son moitas as cuestións a tratar neste eido cun Concelleiro, David Santomil,  que xa foi reprobado polo Pleno Municipal no ano 2017. Lembran ademais, que este ano ten se cadra, maior contido, polo feito de que o pasado ano 90 rapaces quedaran fóra dos comedores escolares, así como pola acumulación de recibos nas cotas mensuais dos servizos de conciliación que se producía o pasado outono, que provocou que algunhas familias acumularan máis de 700 euros por un incumprimento do propio Concelleiro nos prazos de envío dos recibos, que tal e como figura no regulamento deberan xirarse a mes vencido.

Xa por último, dende o Partido Popular mostran o seu enfado polo que califican unha “falta de respeto á comunidade educativa de Ames, na que sen lugar a dúbidas, os partidos de esquerdas autodefinidos como partidos de consenso e nos que priman os servizos públicos, parecen esquecer o seu argumentario e optan por coartar a intervención dos diferentes representantes a través dunha limitación horaria sen precedentes”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies