займ срочно

Ames acolle a presentación do libro Os contos da avoa Pepa

0

Ames, 17 de decembro do 2018 – Os contos da avoa Pepa, de Francisco Fernández Naval, preséntase este martes pola tarde en Bertamiráns, Ames.

Os contos da avoa Pepa está ilustrado por Manolo Figueiras e editado por Kalandrakas. A presentación terá lugar as oito e media da tarde na librería Huargo Artis (Avda. da Peregrina, 13) de Bertamiráns.

O novo escrito de Fernández Naval atesoura a memoria dos maiores ante as doenzas que anulan as súas lembranzas e evoca a Galicia de antano, con menos comodidades e sen os adiantos tecnolóxicos de hoxe en día, pero coa autenticidade e co encanto da paisaxe e da paisanaxe rural. No relato están presentes as historias que pasaban de xeración en xeración, dende os contos de fórmula e os xogos tradicionais, ata as adiviñas, as cantigas ou as fábulas. Os autores manterán un encontro co público no que estarán acompañados pola artista plástica e escritora Soledad Pite.

 

Share.

Comments are closed.