займ срочно

As Brañas do Sar en Compostela ten nova sinalización

0

Compostela, 5 de decembro do 2018 – O Concello de Compostela vén de instalar uns novos paneis informativos nas Brañas do Sar, para poñer en valor a riqueza deste espazo natural.

Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro, e de Benestar Animal, Noa Morales, presentaron a cartelería, na que se explica a historia das Brañas do Sar, os seus usos tradicionais e cal é a súa flora e a súa fauna características.

A concelleira de Benestar Animal explicou que os paneis informativos enmárcanse “no traballo que vén realizando o Goberno para poñer en valor este espazo natural, e que xa deu resultados moi importantes como o acondicionamento das sendas peonís ás que tanto uso lles está a dar a veciñanza. Agora toca ir un paso máis alá, para que a cidadanía non só percorra este ámbito, senón que o faga sendo consciente da súa riqueza e da súa historia”. De cara ao ano que vén, “o Departamento está traballando na organización dunha serie de visitas guiadas, pensadas fundamentalmente para escolares e alumando de ensino secundario, co obxectivo de que coñezan mellor este espazo”.

Información ambiental

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia incidiu en que “as Brañas de Sar son unha illa de natureza no medio dun ámbito que sufriu un intenso desenvolvemento urbanístico, e contan con importantes valores ambientais”. Deles dáse conta nos paneis instalados, que explican cales son as especies vexetais e animais que se poden observar na zona, tanto autóctonas como invasoras. Ademais, Xan Duro apuntou que a sinalización tamén achega información sobre os usos tradicionais deste espazo, vinculados ás hortas e á agricultura, sobre a súa historia e mesmo sobre elementos arquitectónicos próximos como a colexiata de Sar.

Share.

Comments are closed.