займ срочно

Furelos, en Melide, viaxará de volta ao 1900

0

Melide, 15 de xullo do 2018 –  A parroquia de Furelos será durante os días 20, 21 e 22 de xullo de novo o escenario da feira de época do 1900.

Furelos, en Melide, ao carón do Camiño de Santiago, revivirá eses anos para retroceder a unha época diferente á actual, anterior a todos os adiantos e modernidades acontecidos no século XXI. Nesta feira terán especial protagonismo os veciños e veciñas que engalanarán as súas casas para convertelas en casas típicas do 1900 así como tamén eles mesmos, estarán durante esa fin de semana pola aldea vestidos de época recreando oficios dos que xa non se conservan en furelos: o latoeiro, a mestra, a costureira etc.

A maiores de que os veciñas da aldea participen como figurantes desta feira de época, tamén haberá postos de artesanía e alimentación, música, obradoiros, xogos para nenos, servizo de pulpeira e taberna.  A alcaldesa de Melide, Dalia García, convida a todos os veciños e veciñas de Melide e arredores a achegarse ata a aldea de Furelos que esta próxima fin de semana retorcerá máis de cen anos.

Programación 1900

O venres 20, terá lugar unha festa dos anos 80 coa actuación de Smoke e dj Xoán-Universe. O sábado 21 de xullo, actuará a agrupación xuvenil Catro Caños. Tamén durante esa xornada terá lugar un taller de amasado de ricos e de xogos tradicionais. O domingo 22 de xullo, terá lugar a actuación de Faíscas da Pontraga e tamén está programado un taller de cerámica e xogos tradicionais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies