займ срочно

Última etapa para as concentracións de Senra, Cardama e Villaromarís en Oroso

0

Oroso, 15 de marzo do 2018 – As concentracións parcelaria das parroquias de Senra, Cardama e Villaromarís, no concello de Oroso, entra na súa etapa definitiva, despois de máis de vinte anos de traballos.

Vista áerea da parroquia de Senra, imaxe de google maps 

 

 

A través dun bando informativo sobre as concentracións, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, anunciou a toma de posesión provisional das fincas, que será o día 2 de abril nos terreos de prado, pasteiro, labradío sen colleita e monte. Nos restantes terreos, será no momento en que se retiren as colleitas actuais. A data límite para a retirada do arborado é o 2 de outubro deste ano.

Esta concentración parcelaria supón a reorganización de 10.798 parcelas, pasando a contar con 1.505 fincas pertencentes a 813 propietarios. Lévanse investido dende o inicio da concentración máis de 4,3 millóns de euros. Unha meirande parte -3,7 millóns de euros- foron destinaron á execución da rede de camiños e máis de 600.000 euros a investimentos en servizos técnicos, como a elaboración do proxecto de concentración e a redacción do acordo.

En palabras do alcalde, Manuel Mirás, “Entramos na etapa final do proceso e temos que felicitar á Xunta, aos propietarios dos terreos e ao propio Concello de Oroso polo intenso traballo realizado para que este proxecto chegue a bo termo, despois de máis de vinte anos de loita e duro traballo”. O rexidor lamenta “a demora no proceso de concentración parcelaria, con máis de dúas décadas nas que moitos proxectos non puideron desenvolverse por ser un proceso tan lento e farragoso; nembargantes, nunca é tarde para unha iniciativa tan esperada”

Os planos do acordo e as coordenadas dos marcos poden consultarse na web de Medio Rural. Para calquera dúbida, os interesados poden chamar á Concellaría de Medio Rural do Concello de Oroso (981 691478 ou 630077062).

Share.

Comments are closed.