займ срочно

Reclaman un servizo completo na biblioteca municipal de Vila de Cruces

0

Vila de Cruces, 24 de xaneiro do 2022 – O BNG de Vila de Cruces reclama ao goberno local que dea un servizo completo da Biblioteca municipal.

O voceiro nacionalista, Álex Fiúza, ven de propoñer a creación dunha bolsa de emprego municipal para cubrir as baixas que se xeneran nos servizos administrativos do Concello. Unha idea que xorde por unha baixa laboral que mantén pechada a biblioteca desde hai dous meses.

O BNG explica que o concello en lugar de subtituír a esa persoa para seguir mantendo o servizo, pechou a Biblioteca sen aportar solución. A situación vén desde o 13 de Decembro do 2021. Na porta da biblioteca figura un novo horario de 18:30 a 20:00, o cal se incumpre, pois algún día desta semana estivo pechada.

Trátase dun espazo de gran versatilidade, non só como lugar de préstamo. Moitos pais e nais agardan alí que as crianzas rematen as actividades lendo, mozas e mozos quedan na biblioteca para facer os deberes, traballos e demáis. Moita xente utiliza a sala de informática ben pola conexión a internet ou ben para facer traballos de clase. É un espazo vital para moitas rapazas e rapaces.

O servizo de préstamo pertence á Rede de Bibliotecas de Galicia e os usuarios están sendo sancionados, o que conleva non poder desenvolver actividade en bibliotecas doutras vilas pertencentes a esta rede.

O BNG tamén explica que o goberno deberá ter informado desta situación a través dun bando municipal, pois nun contexto rural no que se fan distancias de 10 km ou máis para ir á vila e as familias encóntranse coa porta da biblioteca pechada no momento en que chegan alí.

Share.

Comments are closed.