займ срочно

O Cortizo Anova de Ciclismo segue recollendo éxitos en distintas probas

0

Padrón, 26 de xuño do 2017 – O Club Ciclista Padronés Cortizo-Anova participou na pasada fin de semana no Campionato de España elite e na V Volta Ciclista a Negreira.

Raúl García de Mateos disputou este domingo o Campionato de España para categoría elite en Soria conseguindo situarse entre os 15 primeiros elite non profesionais. Na clasificación xeral, na que o corredor do Cortizo-Anova ocupou o 45º posto, levou o campionato Jesús Herrada (Movistar Team) que conseguía o título por segundo ano consecutivo. En categoría elite, a vitoria levoulla Sergio Rodríguez (Fundación Euskadi).

A canteira lócese en Negreira

A base do Club Ciclista Padronés disputou este sábado a V Volta Ciclista no Concello de Negreira e unha vez máis, os máis pequenos do equipo conseguiron brillantes resultados. En categoría principiante feminina, Aloa Branco consegue o segundo posto. Miguel Ángel Mera, unha vez máis, foi o vencedor en categoría cadete. E en categoría xuvenil, Guillermo Porto e Uxío Sanmartín subíronse ao segundo e terceiro caixón do podio.

Volta Ciclista a Segovia

Desde este martes o equipo elite e sub23 disputará a LV Volta Ciclista a Segovia. A proba constará de 3 etapas entre o día 27 e 29 de xuño. Á cita están convocados: Mario Arranz, Gonzalo Cubino, Marc Sánchez, Paulo Silva, Alex Branco e Carlos Cajaraville.

Share.

Comments are closed.