займ срочно

Brión ofrece máis de 300 prazas no campamento de verán

0

Brión, 7 de xuño do 2017 –  A piscina municipal de Brión convoca máis de 300 prazas nos “Campamentos Play”, dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos e que terán lugar do 26 de xuño ao 8 de setembro.

As actividades desenvólvense de 10:00 e as 14:00 horas e por períodos de, como mínimo, unha semana, adaptándose así ás necesidades das familias.

Os prezos van dende 25 euros por semana, con descontos especiais para segundo irmán/irmá e por contratar catro semanas, que se leva unha quinta de agasallo. Para máis información e inscricións no campamento de verán da Piscina de Brión pódese chamar ao 981 887 346 ou achegarse á recepción da instalación deportiva.

A oferta destes campamentos estará centrada no deporte, onde nenos e nenas poderán gozar de actividades acuáticas, coregráficas, psicomotricidade, xincanas… Ademais terán a posibilidade de desenvolver as súas aptitudes creativas con obradoiros, practicar deportes tradicionais ou populares ou reforzar o inglés.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies