займ срочно

Guerra aberta entre ANPAS e concello de Ames

0

Bisbarra, 19 de abril do 2024 – As ANPAS de Ames acusan ao goberno municipal de realizar ataques persoais aos representantes no Consello Escolar Municipal.

As ANPAS engaden que nunca viran unha actitude asi desde que foi creado o Consello Escolar Municipal. Acusan ademais de ler menxases privados na reunión sen consentemento dos propietarios.

A continuación compartimos o comunicado íntegro enviado polas ANPAS

Achegamos o comunicado asinado polas ANPAs dos centros educativos de Ames, no que amosan o seu malestar pola actitude que tanto a concelleira de Educación coma o alcalde tiveron este martes no Consello Escolar Municipal Extraordinario sobre Decreto sobre as prazas ofertadas nos servizos complementarios de educación para o curso 2024-2025. “É a primeira vez que vemos un comportamento así dende que existe o Consello Escolar Municipal e, dende logo, parécenos unha actuación totalmente reprobable e nada constructiva recurrir ao ataque persoal ás persoas que representan ás ANPAs”, afirman dende as comunidades de nais e pais do alumnado amesán.

Desde as ANPAs afean que “a concelleira de Educación, coa complicidade do Presidente do Consello que non fixo nada para impedilo, de xeito premeditado tratase de desacreditar a persoas das ANPAS alí presentes lendo públicamente mensaxes obtidos de grupos de whatsapp. Nalgúns casos mensaxes de whatsapp sacados de contexto, e o que é aínda peor noutros casos mensaxes privadas obtidas de maneira ilícita dun grupo interno de whatsapp das ANPAs de Ames nos que non está a concelleira”.

A isto súmanse declaracións que faltan á verdade, que a concelleira trasladou aos medios de comunicación sobre a suposta negativa das ANPAs a asistir á anterior convocatoria do Consello Escolar. Ademais, lembran que “na orde do día -do Consello Escolar do martes- remitida non aparece en ningún lugar a palabra “decreto” e tampouco hai documentación complementaria co borrador do decreto, co cal resulta totalmente incoherente a versión mantida polo Concello de que se ía a tratar o Decreto nesa xuntanza.

Entre os aspectos que máis sorprenderon nesta xuntanza, atópase a negativa do Concello a que no CEIP A Maía se coloque “un desfibrilador nunha parede do comedor, porque ese edificio é do Concello. Entendemos que o Concello é consciente de que ter ese desfibrilador pode ser útil para unha emerxencia e que o que debe primar é o beneficio para a escola e a comunidade e non de quen é a parede”, explican as ANPAs.
“Neste senso cabe destacar que os ataques non foron só contra as ANPAS senón tamén contra varias das direccións dos centros, aproveitando para facerlles reproches que non viñan a lugar. Por iso, en vista do ocorrido, lamentamos a falta de interese do Concello por manter unha comunicación fluida e cordial coa comunidade educativa e de ceñirse á verdade nas súas declaracións”, conclúen desde as ANPAs.

Share.

Comments are closed.