Teo, 9 de novembro do 2021 . O San Martiño de Teo é unha das feiras máis agardadas da bisbarra e comezou esta pasada fin de semana cunha feiriña para os cativos.
Este luns presentábase o proxecto “Olladas do San Martiño” no que tres fotógrafos (o fotoxornalista Óscar Corral en instagram @oscarcorralfoto, Noel Feáns a persoa que está detrás da páxina en instagram @paisaxesgalegas e Charo Lopes en redes @umalopes ) traballaran para mostrar a súa visión da feira. Falamos con María López, concelleira de cultura, para saber un pouco máis do que trae a celebración este ano.
Outra das citas novidosas é unha pequena homenaxe a unha peza pouco valorada pero presente ao longo dos séculos no San Martiño. Nunha feira chea da lama as zocas forman parte da paisaxe. Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía, será a convidada este ano
Rematamos preguntándolle a María López polo que prefire da feira o que é o que máis lle gusta. A resposta é moi clara, o que máis lle gusta é a xente
No seguinte enlace tedes toda a programación da feira