Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Zakarías O’Facas presenta “Maldita peaxe” na Casa das Crechas

crechas-zacarias-o-facas-slide-21-marzo-2019_r

Compostela, 21 de marzo do 2019 – A Casa das Crechas acolle, as nove da noite e a un prezo de 5€, o  espectáculo dirixido e interpretado por Zakarías O’Facas “Maldita Peaxe”.

Maldita Peaxe é un espectáculo que se move entre os xéneros do teatro e do monólogo cómico, aderezado por unha ecléctica escolma musical. O texto interpretado é unha adaptación da novela curta Peaxes, do escritor vigués Santiago Lopo, e publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección de Narrativa.  O espectáculo fai uso do poético e do cómico, do dramático e do irónico, do tráxico e do sarcástico, na procura da comunicación directa co público. A duración da obra é de 75 minutos, máis un intermedio de 10 – 15 minutos.

O protagonista da obra desenvolve o seu traballo no interior dunha cabina na peaxe da autoestrada. Dende esta claustrofóbica posición de privilexio, observa atentamente aos condutores habituais na súa ruta. A rutina faino refuxiarse na súa propia imaxinación, visualizando as vidas dos que pasan fronte ao seu posto. E axiña atopa o seu propio xeito de rachar co fastío do traballo: a escritura dun diario, onde retrata aos condutores e as súas vidas, observadas, intuídas, e imaxinadas. Preséntanos así unha serie de existencias humanas reconstruídas a partir de fragmentos de conversas, obxectos transportados nos vehículos, e dos ritmos e melodías que acompañan as viaxes das personaxes. Mais ao cabo do tempo, será inevitábel que comece a interaccionar con elas…

Zakarías O’Facas, actor e contacontos vigués, formouse como actor na escola de teatro Santart (Santiago de Compostela), e na Asociación “A Artística”(Vigo) onde estudou improvisación e técnicas vocais con Cristina Domínguez. Formouse coma contacontos en cursos impartidos por Candido Pazó e Charo Pita. Na súa experiencia profesional inclúense actuacións cas compañías Teatro do Noroeste, Teatro Santart, o grupo Migallas, a Aula de Teatro de Pontevedra, o grupo cómico 4 x 4, e o grupo narrativo-musical 4 ghatos. Coma contador posúe unha ampla e variada experiencia en bares, teatros, festas, escolas, e despedidas de solteira.

Post navigation

Previous: I Concurso Nacional Canino da Terra de Melide
Next: Sucesións e herdanzas será o tema dunha charla en Frades

Máis novas

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.