Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Músicas na linde
  • Xeral

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

As rúas da zona vella de Compostela acollen desde hoxe o Festival Feito a man

compostela feiito a man 4 agosto 2026

Compostela, 04/08/2026 – O Feito a man é un dos mellores festivais de Compostela e posiblemente un dos menos valorados. Cada ano os concertos sorprenden e un descobre artistas e desfruta da música na rúa como en ningún sitio.

A selección de artistas do Feito a man non acolle aos nomes máis coñecidos pero a calidade é sempre unha das súas características. Hai que engadir a experiencia que moitos acumulan; é o caso de Ruxe Ruxe que poderemos ver esta noite e que leva máis de 20 anos de rock ás costas.  

A XXIII edición do festival Feito a man chegará ata o 22 de agosto. Na presentación a organización, Asociación Cultural Cidade Vella, puxo o foco no valor da diversidade, do compromiso cultural e do papel que o festival leva máis de dúas décadas desempeñando na cidade. 

Este ano cómprense 10 da morte de Narf, aquí nunha imaxe de Loli Fernández para Lindeiros

A directora do festival, Ángeles Porto, Destacou a ilustración do cartel desta edición, obra de Gloria Pavía, unha artista polifacética moi vinculada ao Feito a Man desde hai anos. Explicou que a imaxe xira arredor dos espellos, un elemento simbólico de especial relevancia para as persoas creadoras, e destacou tamén a presenza de Narf nun deses reflexos, coincidindo co décimo aniversario do seu pasamento.

Pola súa banda, Jesús Pais, director da Asociación Cultural Cidade Vella, reivindicou o papel dos establecementos hostaleiros como axentes culturais e sociais da cidade. Sinalou que os bares da zona vella non deben ser simplemente “bebedoiros de alcohol”.

A concelleira da Capital Cultural, Míriam Louzao, destacou a aposta do festival pola calidade artística e pola diversidade, subliñando que é posible combinar a presenza de artistas galegos con propostas chegadas doutros lugares do mundo. Salientou, ademais, que a riqueza cultural reside precisamente na convivencia de ritmos, estilos e expresións diferentes, e puxo en valor un festival que vai moito máis alá da música ao integrar distintas disciplinas artísticas e contribuír á construción dunha cidade máis aberta e diversa.

 A programación

A programación contará con recoñecidas propostas galegas como Ruxe-Ruxe, Allo Negro, Seixo, Saibran, Muaré, Mother Pearl & The Rockin’ Rebels ou Océano Eskizo; e algunhas chegadas doutras latitudes como Yosvany Terry (Cuba/os EUA), Alma Micic Trío (Os EUA/Galiza), Mirla Riomar & Marcel Vallès (Brasil/Catalunya), Manu Sija e Vic Nogueira & Naxo Ganin (Arxentina) ou Chopchop ( O Reino Unido). 

Fiel ao seu carácter aberto e ecléctico, Feito a man volverá transitar por estilos que van dende o jazz, o rock, o hard rock ou o blues ata a música tradicional, o reggae, a electrónica, o funk, o soul ou as músicas de raíz de distintos lugares do mundo. 

A programación complétase cunha aposta polas artes escénicas, con espectáculos de improvisación teatral e musical, e cunha actividade de reflexión arredor do medio ambiente a través da proxección do documental A terra por gañar. Unha historia do ecoloxismo galego, seguida dun coloquio. 

O festival está organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que, desde 1987, reúne establecementos de hostalaría da zona vella compostelá cun claro compromiso coa cultura e coa cidade. É posible grazas ao apoio do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación da Coruña e conta, ademais, con diferentes empresas coas que vén colaborando nos últimos anos, entre as que destacamos Estrella de Galicia como cervexa oficial do festival. 

Actualmente, os establecementos organizadores son Camalea, Modus Vivendi, Atlántico, Chocolate, O Pozo, Casa das crechas, Literarios, A Gramola, Borriquita de Belém, Xuntanza, A Reixa, Momo e O Galo D’ouro. 

A Praza de Feixóo, a Rúa de Xelmírez, a Praza da Quintana ou San Paio de Antealtares son algúns dos catorce espazos da cidade histórica nos que se poderá gozar de música ao vivo. 

Post navigation

Previous: O Festival C enche Compostela

Máis novas

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.