Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela

XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

usc-mostra-de-teatro-universitario-de-galicia-slide-18-abril-2019_r

Compostela, 18 de abril do 2019 –  Dez traballos procedentes das tres universidades galegas conforman o programa da vixésima Mostra de Teatro Universitario de Galicia que comeza a próxima semana.

A Mostra de Teatro Universitario de Galicia desenvolverase no Teatro Principal e na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. Entre os días 22 de abril e 16 de maio, sete compañías da USC, dúas da Universidade de Vigo e unha da Coruña amosarán as súas montaxes escénicas dende as 21.00 horas, con función dobre os días 14 e 16 de maio.

A entrada é de balde previo paso polo despacho de entradas, aberto dende as 18.00 horas no caso do Teatro Principal e dende as 20.30 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño.

‘Balas sobre Broadway’ de Tolemia Teatro (USC) abrirá o programa o luns 22 no Teatro Principal, onde tamén terán lugar as funcións do martes 23, a cargo de Faisca Teatro (USC) que subirá a escena ‘O que che contei mentres facías que durmías’, e do mércores 24 da man de Artías Teatro (USC) e a obra ‘Unha noite de escuras intencións’.

O ciclo proseguirá na Sala Roberto Vidal Bolaño o luns 6 coa representación de ‘Círculo’, a cargo da Aula de Teatro Universitaria de Vigo. O martes 7 Corifeo Teatro da Universidade da Coruña representará Animaliños, a quen seguirá o mércores 8 Artías Teatro (USC) con ‘Memoria de Helena e María’.

A peza ‘Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse’, da Aula de Teatro Universitaria ‘Maricastaña’ de Ourense, dará continuidade ao programa o luns 13 de maio no Teatro Principal, onde o martes 14 a Aula de Teatro da USC-Lugo escenifica ‘Casa de ilusións’, mentres que o mércores 15 será a quenda de LaBarata (USC) con ‘Solo de triángulo en Re. 2º movemento, 3ª parte, Allegro (pero non tanto)’. Para pechar esta programación, Tra Tra Teatro (USC) subirá ás táboas ‘Arte’, novamente na Sala Roberto Vidal Bolaño.

Post navigation

Previous: Xornadas Gastronómicas do Banquete de Conxo
Next: O centro cívico da zona vella estará na Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro
4 minutes read
  • Axenda

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada
3 minutes read
  • A Estrada

Noite Folk de San Xurxo de Vea

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.