Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.

Ames, 10/07/2026 – Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.

O xantar estará amenizado pola música da banda de gaitas e de baile rexional Os Castros e pola tarde contarase coa actuación do dúo Charada. Tamén se disputará o XIX campionato de chave por parellas.

A xornada rematará coa actuación, ás 20.00 horas, de Xurxo Fernandes. Esta actuación está xestionada polo Concello de Ames e subvencionada polo programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia. Haberá carpa e inchables gratuítos para os nenos e nenas por cortesía de Tikolandia.

Arredor de 1.000 racións de chourizo e 700 de orella de porco cocida serán servidas no campo da festa de Ortoño. Os tíckets para participar na festa, un dos eventos gastronómicos de maior tradición no concello, venderanse no propio campo da festa, onde se realizará o evento.

Este ano cúmprense 20 anos deste tradicional evento gastronómico amesán. A festa comezou a organizarse en 2005, polo que hai 21 anos, pero no ano 2020 non se puido celebrar pola pandemia da Covid.

Degustación de chourizo e orella

A xornada dará comezo ás 12:00 horas coa celebración dunha misa cantada polos defuntos da parroquia. Unha vez rematada a eucaristía, realizarase o pregón a cargo do actor e músico galego, Josito Porto, veciño da parroquia de Ortoño.

De seguido, a partir das 13:00 horas, comezará a degustación dos chourizos ao viño acompañados de cachelos e da orella de porco cocida, para o que se instalará unha carpa. As racións poderanse comer acompañadas por viño do Ribeiro. Haberá tamén café e xeado.

As racións venderanse a prezos populares, manténdose os prezos da pasada edición. Así, a tarteira con chourizos, pan, viño, café e xeado custará 13 euros, mentres que o prato de orella cocida, o pan e o viño custará 7 euros.

Actuacións musicais e concurso de chave por parellas

Durante o xantar contarase coa actuación da banda de gaitas e baile rexional Os Castros. De seguido, pola tarde, haberá más música coa actuación do dúo Charada. Ademais, a partir das 16.00 horas realizarase o XIX campionato de chave por parellas. As inscricións das parellas poderase facer ata as 15.30 horas e contarase con trofeos doados polos Concello de Ames e outras sorpresas. Tamén haberá carpa e inchables gratuítos para os nenos e nenas por cortesía de Tikolandia.

A xornada rematará coa gran actuación, ás 20.00 horas, de Xurxo Fernandez. Esta actuación está xestionada polo Concello de Ames e subvencionada polo programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia. Xurxo Fernandes formouse desde moi novo en baile e canto tradicional comezando en 1994 un traballo de campo por aldeas de Galicia. Isto mesturouno achegándose ás sonoridades propias das comunidades sefardís, polo que percorreu parte do mundo con proxectos como Jako el Muzikante.

Como músico e intérprete creou Radio Cos, un proxecto musical co que publicou dous discos e no 2016 representou a España no prestixioso festival de músicas de raíz WOMEX. Nesta última década dirixiu outro proxecto musical colectivo, Pandeireteiras sen Fronteiras e lanzou un EP nomeado Altaplana, acompañado por Pedro Lamas.

En Levaino! achega unha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva, na que os sons máis arcaicos dunha Galicia primitiva, acompañados de pandeireta, mestúranse co exotismo do Mediterráneo Oriental, acompañados duns arranxos singulares e instrumentación moderna.

Post navigation

Previous: “Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente
Next: Por un monte galego con futuro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.