Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Silleda

XVIII Ruta Turística A Lanzada, de vehículos clásicos,

Presentación da ruta de clásicos que partirá de Silleda

Silleda, 25/05/2026 – O Concello de Silleda acolle este sábado a saída da XVIII Ruta Turística A Lanzada, unha iniciativa organizada polo Club AVA – Amigos dos Vehículos Antigos-, entidade que conta xa con 42 anos de historia desde a súa creación en 1984.

A ruta celebrarase os días 30 e 31 de maio, con saída desde Silleda e chegada o sábado á contorna da Lanzada. A actividade reunirá a afeccionados e afeccionadas aos vehículos antigos nun percorrido turístico e cultural que combinará patrimonio, convivencia e promoción do territorio.

A presentación da ruta tivo lugar coa participación de directivos do Club AVA,  Manuel González (Tesoureiro) e Enrique Vázquez (Secretario) da alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e das concelleiras Mónica González, Ángela Troitiño e Estafanía Taín.

Desde o Concello de Silleda destacan a importancia de acoller a saída dunha cita consolidada dentro do calendario de actividades vinculadas ao mundo do motor clásico. “Para Silleda é unha satisfacción ser punto de partida dunha ruta con tanta traxectoria, que pon en valor o patrimonio automobilístico e, ao mesmo tempo, contribúe á dinamización turística e social do noso municipio”, sinalan desde o goberno local.

A programación prevista para o sábado comezará coa apertura do parque na rúa do Progreso, en Silleda, onde permanecerán expostos os vehículos participantes antes da saída. Posteriormente, visitarán o Museo do Autobús da empresa Cuiña, sita na propia rúa Progreso.

A continuación iniciarase o percorrido cara á comarca do Salnés, con distintas paradas ao longo da xornada e chegada ao hotel da Lanzada.

O domingo a ruta continuará con visitas e actividades na zona, un percorrido polo Concello de Sanxendo e a visita á adega Terras Asorei, antes da comida coa que se pechará o encontro. O Club AVA, fundado en 1984, é unha das entidades de referencia na promoción, conservación e difusión dos vehículos antigos, cunha longa traxectoria na organización de encontros, rutas e actividades que permiten achegar este patrimonio á cidadanía.

A XVIII Ruta Turística A Lanzada conta coa colaboración do Concello de Silleda e doutras entidades. Para a concentración, estará pechada ao tráfico a rúa Progreso (dende Condes do Deza ata o cruce con Emilio Alonso Paz) e con restriccións de estacionamento o sábado dende as 14:00 horas.

Post navigation

Previous: Municipais 2027
Next: Desastronauts este sábado na Casa das Máquinas

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.