Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames
  • Axenda

XV Millarock en Ames

O Millarock presenta unha das súas edicións máis completas cun cartel con cinco bandas de rock de longo percorrido

Cartel Millarock 2026

Ames, 26/06/2026 –  O Milladoiro, en Ames, acollerá un ano máis o festival Millarock que chega en este 2026 a súa décimo quinta edición. Será o vindeiro 31 de xullo na Travesía do Porto, o escenario principal, e no anfiteatro como segundo espazo musical.

O Millarock está organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames en colaboración coa da Rede Cultural da Deputación da Coruña e ten como obxectivo fomentar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames.

Esta edición o cartel estará formado por Tentáculo Rock, Sr Salvaje, Familia Caamagno, Extrema Función e Factoría de Subsistencia. Tamén haberá persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargada dos concertos didácticos e de impartir obradoiros musicais coa proposta “Merenda Rock”.

De novo, nesta edición ofreceranse servizos para que as persoas con discapacidade tamén poidan gozar do festival. Haberá mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva, dándolle continuidade a unha iniciativa que se puxo en marcha no concello por primeira vez nas Prebadaladas 2024.

O Millarock tamén contará cunha plataforma elevada con rampla para as persoas con mobilidade reducida, creando así un espazo adaptado para garantir que estas persoas poidan gozar do evento en condicións de igualdade. 

No acto de presentación participaron o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; Adrián Hernández, da Casa do Rock; Carlos Nieto, Martiño Ramos e Thiago Abal, de Tentáculo Rock; Héctor Rodríguez e Luís Durán, de Extrema Función; Guillermo Vistoso e Manuel Gómez, de Sr Salvaje; Manuel Tarrío, de Familia Caamagno; e Josioto Porto, de Factoría de Subsistencia.

O alcalde, Blas García, sinalou que “é bo que apoiemos este tipo de festivais máis pequenos e humildes e, sobre todo, o máis importante, que teñan presenza os grupos locais ou da contorna”, xa que a vontade do concello é “que a xente de Ames teña presenza neste e noutros festivais que facemos”.

A técnica de Cultura, María Vázquez, destacou que “o Millarock sempre mantén a súa esencia con grupos locais e con rock en galego. Este ano dámoslle continuidade a esa iniciativa de facer un festival de rock para todos os públicos e inclusivo”.

En canto aos grupos, Manuel Tarrío, de Familia Caamagno, mostrouse feliz por esta “segunda vez que imos a participar neste festival e gardo moi bo recordo da primeira vez que estivemos aquí”. Os membros de Tentáculo Rock amosáronse moi ilusionados de actuar no Millarock, un festival ao que asistiron como espectadores e agora “esta actuación para nós é un reto que afrontamos con moita ilusión”.

Por parte de Sr Salvaje, Guillermo Vistoso, recoñeceu que lles apetece moito “vir a tocar ao Millarock porque é un festival referente ao que tamén asistimos en moitas ocasións de públicos e aquí vimos auténtico concertazos”. Tamén falou Adrián Hernández, da Casa do Rock, quen se mostrou moi feliz ao ser o “terceiro ano que estamos no Millarock e desta volta chegamos con varias sorpresas. Imos facer a merenda rock para que os rapaces e rapazas que asistan teñan  un primeiro contacto coa música a través de xogos e de instrumentos de percusión, guitarras, etc. O noso traballo é ensinar música co cal o importante é que proben instrumentos e que abran o oído para coñecer outros xéneros musicais”.

Cartel da décimo quinta edición do Millarock

No caso de Josito Porto, de Factoría de Subsistencia, a intervención serviu para eloxiar a dinámica do festival: “O rock non está morto. É moi positivo que non sexan todo macrofestivais”. Porto destacou que “está moi ben pelexar por nós, pola xente de aquí, polo rock da nosa terra. O Concello de Ames aposta moito pola cultura e é un xesto que hai que ter en conta”.

Finalizou coa rolda de declaracións Luís Durán, de Extrema Función, quen confesou que “somos un grupo de afeccionados que saíu da escola de música. Somos xente maior, de aí o noso nome”. Durán destacou que “estamos abraiados de poder tocar ao lado da xente que está aquí hoxe, somos o combo de adultos da Escola Municipal de Música”.

Programación do Millarock 2026

Este ano, o cartel sorprenderá na súa variedade, e tamén na súa capacidade de valorizar o rock como o estilo musical por excelencia, creando un punto de encontro de distintas xeracións a través da música.

Ás 19.00 horas, no Anfiteatro do Milladoiro, A Casa do Rock achegará un obradoiro musical para os máis pequenos e pequenas a través do Merenda Rock, co obxectivo de gañar máis adeptos á música entre as crianzas. Logo, a propia Casa do Rock subirá ao escenario para ofrecer o seu xa clásico concerto didáctico.

Como guinda, Tentáculo Rock pechará os concertos do Anfiteatro do Milladoiro. Este grupo formado no ano 2017 por catro amigos na Escola unitaria da Igrexa de Ortoño. Agora, sendo xa estudantes de Agro do Muíño veñen de gañar o certame da Deputación da Coruña “Quero Cantar”, co seu tema “Vou a 120”.  

Xa pola noite, ás 21.30 horas, a acción cruza a zona verde e trasládase ao asfalto da Travesía do Porto. Neste emprazamento haberá un total catro actuacións, compoñendo un dos carteis máis auténticos o festival: Extrema Función, Familia Caamagno, Sr Salvaje e Factoría de Subsistencia serán os encargados de poñer o rock na franxa nocturna.

Post navigation

Previous: Melide celebra o San Roque
Next: Continua a polémica polo caso de acoso sexual no concelllo de Padrón

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.