Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Lalín
  • Teo
  • Xeral

A Estrada, Teo e Lalín proxectarán vivendas pública

teo lalin estrada vivendas xunta NORMAL 22 abril 2025

O Consello da Xunta celebrado este luns autorizou a licitación da redacción dos proxectos para a construción de 71 vivendas en estes concellos.

O debate sobre a falta de vivenda pública na sociedade obriga ás administracións a recuperar décadas de esquecemento de esta necesidade. O Consello da Xunta de este luns da un pasiño ao autorizar a licitación da redacción de proxectos para novas vivendas na Estrada, Lalín e Teo. 

Máis sobre vivenda en Lindeiros https://tinyurl.com/2ya7lr7m

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) licitará os contratos da redacción de proxecto e dirección de obra para estas vivendas, que se construirán en tres parcelas cedidas por estes concellos.

En Teo a Xunta construirá 26 vivendas nunha parcela na rúa Cernadelo, na zona das Galanas-Calo, que ten unha superficie de 1.985 metros cadrados. O orzamento de licitación para a elaboración deste proxecto ascende a 259.224€. 

No concello da Estrada, a Administración autonómica creará 28 novas vivendas públicas nunha parcela de 1.451 metros cadrados, concretamente na avenida de Vigo, e o contrato para a redacción deste proxecto sairá a licitación por importe de 257.083€.

En Lalín o Concello cedeu unha parcela na Rolda Leste-Agro de Lalín de Arriba, de 641 metros cadrados, na que se prevén crear 17 vivendas de promoción pública. A redacción do proxecto licitarase por un prezo de 148.241€.

 O Goberno galego intentará duplicar nesta lexislatura o parque público residencial e acadar 4.000 novas vivendas. Neste momento, xa ten en marcha máis de 2.000 vivendas nas cidades de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo ou Ferrol. 

A Xunta tamén ten en marcha a primeira fase da Estratexia Galega de Solo Residencial, coa que busca, en colaboración cos concellos, facilitar solo destinado á construción de 25.000 vivendas, 20.000 protexidas e 5.000 libres.  

Na actualidade, a Xunta avanza na adxudicación da redacción dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para desenvolver os primeiros ámbitos en sete concellos (Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Arteixo, Lugo e Ourense) nos que se prevén máis de 15.000 vivendas. 

Post navigation

Previous: A Facultade de Dereito protagonista da Nerd Nite de abril
Next: Buratos negros e viaxes no tempo explicados por un Premio Nobel

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.