Bisbarra, 23 de setembro do 2024 – A senda ciclista e peonil que a Xunta constrúe para unir o Milladoiro, en Ames, con Compostela, ata San Caetano, e desexada por todos pero o paso polo Bosque de Conxo non convence.
Xa en Agosto a alcaldesa, Goretti Sanmartín, lembraba que a corporación xa votara unha resolución na que se pedía a búsqueda de trazados alternativos. O deseño do paso polo Bosque de Conxo era considerado unha agresión a un espazo especialmente sensible.
Hai uns días era o Psoe o que visitaba o lugar para reiterar a súa oposición ao paso da senda. Consideran que o dano é irreparable e emprazan á Xunta a deter de inmediato as obras. Xunto aos socialistas acudían representantes da asociación Conxo Aberto e o seu voceiro, Lucíano Villar, era moi concreto “As obras están destruíndo zonas consideradas patrimonio mundial pola UNESCO”.
Os últimos en falar da problemática foron os membros do Partido Popular de Santiago. Borja Verea lembrou que foi el que puxo enriba da mesa o proxecto e conseguiu que a Xunta o sacara adiante e engadiu que “é o maior investimento que se está a facer hoxe en Compostela”.
Verea contesta ás críticas sobre o trazado ““estes novos modelos de mobilidade alternativa funcionan cando hai continuidade, se vas facendo parches xa sabemos o que pasa: o parche de Fontiñas, o parche de Clara Campoamor, o novo parche de Xoan XXIII” en referencia aos distintos carrís bicis construídos, ou previstos, na cidade.
O voceiro popular engadiu que “ás veces bótase man da legalidade para xustificar que algo non che gusta, porque a intervención no Banquete de Conxo é moito más branda” Insistiu en que “a normativa está para cumprirse, a normativa medioambiental está a vista de todos, o que hai que facer é cumprila, outra cousa moi diferente é que poidan dicir non nos gustan, aínda cumprindo a normativa non nos gusta que por aquí pase a xente paseando e en bicicleta”.
Unha cuestión que comeza a semellarse ao lema dos que loitan contra os eólicos “senda si pero non así”. i parece que en outros tramos todos asumen que aínda sen convencer pódese transixir, no caso do Bosque de Conxo o debate non está nin moito menos pechado.