Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

A Xunta renova a rede de abastecemento na rúa Loureiro de Teo

Os traballos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático garanten a calidade do subministro a máis de duascentas familias de Teo.

teo xunta renovacion saneamento 19 xaneiro 2026 (3)

A Xunta e o Concello de Teo completaron as obras de renovación da rede de abastecemento na rúa Loureiro, actuación que beneficiará a máis de 200 familias dos Tilos, un dos principais núcleos do concello.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou a zona na que se executou a intervención acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e pola alcaldesa de Teo, Lucía Calvo.

O financiamento foi cen por cen da Xunta de Galicia e alcanzou os 30.100 euros. Unha obra xestionada polo concello. Os traballos consistiron na substitución da rede antiga de abastecemento que recorre esta rúa e da que parten todas as acometidas que dan servizo aos edificios localizados ao longo da vía.

Tras lembrar que a veciñanza desta zona sufría cortes puntuais de auga por avarías bastante frecuentes na rede, coas conseguintes molestias e custos de reparación, a conselleira destacou que os traballos realizados en Teo permiten que as vivendas da rúa Loureiro teñan garantido o subministro.

A obra complementa as realizadas na rede de abastecemento das rúas Carballo e Buxo, tamén nos Tilos

Así mesmo, Ángeles Vázquez incidiu en que esta obra se enmarca nun convenio de colaboración subscrito en novembro do ano pasado entre a súa Consellería e o Goberno municipal, unha fórmula que, tal e como destacou, se utiliza habitualmente para apoiar ás entidades locais co financiamento de pequenas actuacións hidráulicas moi necesarias. A Conselleira lembrou que só o ano pasado Augas de Galicia subscribiu unha ducia de convenios similares ao de Teo para financiar outras tantas actuacións e cun investimento global por parte da Xunta de máis de 1,5 millóns de euros.

Este apoio ás administracións locais reflíctese tamén nos orzamentos de 2026, cun orzamento global de Augas de Galicia de 151,7 millóns de euros dos que 7 de cada 10 euros se destinarán a abastecemento e saneamento e case a metade, especificamente a investimentos para mellorar ou construír infraestruturas hidráulicas.

Post navigation

Previous: A Baña destinará dous millóns de euros a obras ao longo do 2026
Next: Iluminando as fochancas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.