Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

A Xunta reforza o equipamento do GES de Brión

xunta-reforzo-ges-brion-slide-10-xunho-2024-(1)_r

Bisbarra, 10 de xuño do 2024 – A Xunta de Galicia reforza o equipamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, GES, de Brión cunha achega valorada en máis de 200.000 euros.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou nunha entrega de equipamento aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de brión e de Monterroso- Concellos que disporán desde agora cun camión Bomba Rural Pesada (BPR).

Ao acto de entrega asistiron os alcaldes de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e Monterroso, Eloy Pérez; acompañados polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; persoal responsable dos respectivos GES e os concelleiros brioneses Carlos Noya, José Antonio Vidal e María Fariña.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, agradeceulle ao conselleiro a achega desta motobomba e lembrou que “para un concello pequeno como Brión é difícil manter un servizo como o GES, que actúa tamén noutros municipios que, quizais, deberían implicarse máis na súa financiación e mantemento”.

Neste sentido, agradeceu o exemplo ofrecido pola Xunta de Galicia, en xeral, e Diego Calvo en particular, no que atinxe ao cofinanciamento dos servizos, lembrando que “no 2022 recibimos un furgón para atención de emerxencias; o ano pasado conseguimos un novo e moderno equipo de excarceración; e este ano incrementamos a nosa dotación con esta Bomba Rural Pesada”.

Características do equipamento

Os camións destinados a ambos os dous grupos contan cunha capacidade de 3.000 litros e bomba centrífuga con presión combinada e lanzamento de auga en baixa e alta presión. Están especialmente deseñados para o seu uso en todo tipo de terreo, polo que todas as súas rodas son motrices e cun nivel mínimo de emisións de CO2.

O novo vehículo do GES ten capacidade para tres persoas, dispón dunha cisterna de auga de aceiro inoxidable e bomba centrífuga con presión combinada, é dicir, que permite lanzar auga en baixa presión, en alta presión ou simultaneamente en ambas as dúas.

Ademais, cada vehículo conta cun completo equipamento entre o que figuran un cargador de baterías, botiquín de primeiros auxilios, dous focos portátiles con imán e cargador, unha escaleira extensible, 5 lanzas profesionais de 25 e 45 mm, 16 tramos de mangueiras de 20 metros de lonxitude e distintos diámetros, dous extintores de 6 kg, un proporcionador de escuma e un ventilador portátil con batería, entre outros elementos.

Post navigation

Previous: Prima 24, volve a festa do comercio local de Compostela
Next: Acordo entre Deputación e concello de Santiago para a reforma da cuberta do estadio Verónica Boquete

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.