Bisbara, 25 de setembro do 2023 – A Xunta reforzará desde hoxe luns as conexións de autobús dos concellos de Noia e de Outes co Hospital Clínico Universitario de Santiago.
O obxectivo é atender as solicitudes de persoal sanitario do hospital, compatibilizando os servizos de autobús cos seus horarios de entrada ao traballo, ademais de dar resposta ás demandas dos citados municipios.
Reforzarase a conexión da ruta Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros mediante a creación dun servizo adicional que sairá da estación intermodal de Santiago ás 22,15 horas, pasará polo Hospital Clínico ás 22,20 horas e chegará a Muros ás 23,55 horas.
O servizo da liña Santiago-AG-56-Urdilde-Noia-Muros por Ponte Nafonso e San Caetano, que sae ás 06,05 horas desde Muros, funcionará todos os días do ano, festividades incluídas. Ata agora, realizábase en tempada laborable de inverno, de luns a venres non festivos.
Estas liñas, dispoñibles a diario, incrementarán a oferta de servizos entre os concellos de Noia e de Outes co Hospital Clínico de Santiago de Compostela, ao tempo que facilitarán os desprazamentos do persoal sanitario.
A información destes servizos poderá consultarse na páxina web www.bus.gal.