Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Compostela
  • Teo
  • Xeral

Últimos trámites para rematar a autovía de Compostela á Estrada

xunta-remate-autovia-a-estrada-slide-27-novembro-2024_r

Bisbarra, 27 de novembro do 2024 – O Consello da Xunta aprobou o proxecto de trazado do segundo treito de prolongación da autovía Santiago-A Estrada, entre Pontevea (AC-241) e O Rollo (enlace PO-841).

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que se destinarán a este tramo da autovía “máis de 32,3M€”, nos que se inclúe o pagamento dos 262 predios necesarios, 9 por ocupación temporal para executar a obra.

Mediante o proxecto autorizado, prolongarase a AG-59 desde o enlace coa AC-241, “que está actualmente en execución entre A Ramallosa e Pontevea, no concello de Teo, cun investimento de 33 M€” ata o enlace coa estrada PO-841, no Rollo, xa no concello da Estrada.

Este novo treito entre Pontevea e O Rollo disporá de dous enlaces que permitirán os catro movementos, tanto cara ao Norte (Santiago de Compostela), como cara ao Sur (A Estrada). Un deles, resultado da reforma do existente na Ramallosa, e o outro, de nova execución sobre a AC-241, en Pontevea.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas convocará o levantamento de actas previas das expropiacións no primeiro trimestre de 2025 para licitar as obras no vindeiro ano, “cun prazo de execución de 36 meses”, tal e como apuntou Rueda.

A Xunta, ao tempo que avanza nas obras do treito de 3,5 quilómetros da prolongación da AG-59, iniciadas a finais de outubro de 2023 e nas que está a investirse máis de 33M€, impulsará este novo treito de 4 quilómetros de lonxitude.

Unha vez rematados os 7,5 quilómetros da prolongación do actual tramo da AG-59, “os tempos da viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada reduciranse a 10 minutos”, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67 millóns de euros.

O obxectivo do Goberno galego con estas actuacións é facilitar a comunicación e a vertebración territorial entre Santiago e a comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

A autovía busca, tamén, incrementar a competitividade do municipio da Estrada, sede de importantes institucións como a Academia Galega de Seguridade Pública, do Centro Integrado de Emerxencias 112 e do 061, e cunha grande actividade económica e empresarial.

Post navigation

Previous: A Andaina e o Trail Montes de Rois disputarase en xaneiro
Next: Brión comeza a humanización da AC-543

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.