займ срочно

Melloras nas lonxas de Porto do Son e Portosín

0

Porto do Son, 21 de xuño do 2022 – Portos de Galicia iniciou a licitación das obras de acondicionamento da lonxa de Portosín e dos edificios da futura lonxa e confraría de pescadores de Porto do Son.

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana visitou este luns Portosín acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e polo alcalde da Porto do Son, Luís Oujo. Quintana subliñou que o investimento conxunto supera os 400.000 euros co obxectivo de mellorar as condicións de traballo dos usuarios destas instalacións.

As confrarías de Portosín e Porto do Son agrupan máis de 150 embarcacións e 300 socios que serán os principais beneficiarios de estes investimentos. A Conselleira lembrou ademais que a estes hai que engadir os de outras localidades que venden aquí o produto e os traballadores das propias lonxas ou os comerciliazadores ao por maior ou polo miúdo que participan nas súas poxas.

Actuacións a desenvolver

Os traballos na lonxa de Portosín consistirán no acondicionamento do inmoble e na mellora da súa estanquidade. Renovarase a cuberta substituíndoa por outra de materiais máis modernos e resistentes. Tamén se cambiarán os canlóns e baixantes, realizarase o pintado e selado das fachadas e pintarase algunha zona interior do edificio, como a zona de oficinas. Todas estas actuacións contan cun orzamento de licitación de preto de 200.000 euros.

No caso de Porto do Son, acondicionarase e mellorarase a estanquidade da lonxa renovando a cuberta, os canlóns e as baixantes ao tempo que se procederá ao selado e pintado da fachada. No interior pintaranse ademais as zonas de oficinas, poxas e os aseos. No inmoble da confraría, selaranse as fachadas para evitar filtracións de auga e pintarase o interior. Estes traballos contan un orzamento de licitación de 230.000 euros.

Rosa Quintana explicou que a tramitación das dúas actuacións se atopa en fase de presentación de ofertas, un prazo que rematará a comezos de xullo. Posteriormente, unha vez contratadas e iniciadas as obras, o prazo de execución previsto é de catro meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies