займ срочно

Investimento millonario en colexios de Padrón e A Baña

0

Bisbarra, 16 de novembro do 2022 – A Xunta de Galicia prosegue con melloras en infraestruturas educativas rematando as do Colexio Flavia de Padrón e preparando as do CPI San Vicente na Baña.

O Flavia de Padrón recibiu un investimento de máis de 850.000 euros. O colexio recibiu unha rehabilitación integral na que reparouse a cuberta e construíuse un novo porche en madeira laminada.

Tamén arranxouse a fachada con limpeza da pedra e reparación das xuntas. Outros traballos estaban encamiñados a mellorar a accesibilidade, coa instalación dun ascensor e un aseo adaptado, e a eficiencia enerxética, substitución dos radiadores e a prolongación da rede de distribución ata a vivenda do conserxe. Ademais, substituíronse luminarias por equipos tipo LED na planta baixa.

As obras foron visitadas polo Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que  salientou que se trata de actuacións necesarias que tamén chegarán a outro dos centros educativos de Padrón. O responsable autonómico explicou que o Goberno prevé destinar máis de 425.000 euros para a reforma da cuberta do instituto Camilo José Cela, coa intención de que os traballos se acometan o vindeiro ano. Unhas actuacións que supoñen que a Xunta invista preto de 1,3 M€ en actuacións de mellora en centros educativos de Padrón.

Colexio Flavia en Padrón

CPI San Vicente

Por outra banda a Consellería ven de solicitar a licencia de obras para acometer a rehabilitación integral do CPI San Vicente, no concello da Baña.

A Xunta remitiu tamén o proxecto básico e de execución dunhas obras que ascenden a 1.161.179,44 euros e que permitirán cambiar a cuberta e ventás e mellorar a impermeabilización do centro para conseguir unha mellor eficiencia enerxética.

As obras poderían comezar a próxima primavera e terán un prazo de execución de cinco meses. A previsión sería que estiveran rematadas antes do comezo do vindeiro curso.

Tanto estas obras como as do Flavia de Padrón enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para modernizar os centros educativos que conta cun orzamento de 191 M€ para o período 2021-2024.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies