займ срочно

Adxudícase a ampliación da potabilizadora de Padrón

0

Bisbarra, 7 de febreiro do 2024 – A Xunta de Galicia ven de adxudicar a ampliación e modernización da planta potabilizadora de Padrón cun investimento previsto de máis de oito millóns de euros.

As melloras na potabilizadora de Padrón permitirán aumentar nun 40% a capacidade de tratamento. Con esta modernización o obxectivo e garantir o subministro de auga a Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira, Valga e o propio Padrón, estando conectado tamen o de Vilagarcía de Arousa.

Este contrato de obras conta cun prazo de execución de 18 meses e ten como obxectivo mellorar do abastecemento do sistema da marxe dereita da ría de Arousa. A Xunta asume integramente o financiamento e execución da ampliación da estación de tratamento de auga potable, no marco dun convenio de colaboración asinado co Concello de Padrón; e o municipio, pola súa banda, asume as xestións e trámites necesarios.

A ampliación e modernización da potabilizadora permitirá blindar o abastecemento futuro de auga aos 10 concellos que están conectados a este sistema.

Os traballos que se van acometer posibilitarán o aumento da capacidade de tratamento da planta ata os 630 l/s, fronte aos 450 l/s que subministra agora. Coas intervencións previstas tamén se poderán superar as actuais limitacións no subministro e ofrecer maiores garantías de abastecemento a unha poboación de máis de 90.000 habitantes, en previsión dun futuro incremento da demanda.

O proxecto inclúe a ampliación da potabilizadora situada nas proximidades do núcleo de Casal, na parroquia de Carcacía, ao carón do río. Tamén se modernizará e fará máis eficiente dotándoa dun sistema para a recuperación da auga de lavado de filtros que actualmente son verteduras ao río Ulla.

Ademais, disporanse un tratamento de lodos de decantación e dun sistema de control que integre os equipos existentes e os da ampliación, cun sistema de xestión SCADA, de monitorización e control das instalacións, e de videovixilancia.

Realizaranse tamén, reparacións estruturais nos depósitos de cabeceira do Casal e dotarase dunha medida de caudal de saída á rede con lectura en continuo; tamén sistema de medición en continuo da calidade da auga nos puntos de entrega en alta, e control de nivel e enchido dos depósitos, con medición en tempo real.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies