Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Santa Comba
  • Val do Dubra
  • Xeral

As melloras na estrada da Baña a Santa Comba por Val do Dubra máis cerca

xunta ac 406 val do dubra santa comba NORMAL 14 abril 2025

O proxecto de mellora para esta estrada autonómica  sométese estes días a exposición pública e conta cun investimento previsto de máis de catro millóns de euros.

Reforzar a seguridade viaria e engadir un carril de adiantamento é o obxectivo do proxecto que se somete estes días a información pública. A Xunta de Galicia conta con poder rematar en outono as melloras na AC-406 entre os puntos quilométricos 18+477 e 21+925.

Esta estrada autonómica une os concellos da Baña cos de Val do Dubra e o polígono industrial de Santa Comba. O proxecto contempla a rehabilitación do firme, a adecuación do sistema de drenaxe ao novo trazado ou a renovación de sinalización

As obras sumaranse á 1ª fase de acondicionamento executada entre o parque empresarial de Santa Comba e Abuín, cun investimento autonómico de 3,2M. As persoas interesadas poderán presentar alegacións por un prazo de 30 días hábiles, a contar a partir deste próximo luns, 14 de abril

Con este procedemento tamén se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da intervención. Para levar a cabo esta obra será necesaria a expropiación dun total de 107 predios.

A Xunta ten como obxectivo poder aprobar definitivamente o proxecto no outono, para a continuación acometer a redacción do proxecto construtivo. O prazo de execución, a partir da adxudicación é de 1 ano. Ademais do firme, o drenaxe e o novo carril tamén se renovará a sinalización o balizamento e as defensas-

1ª fase

Estas intervencións sumaranse á 1ª fase de acondicionamento executada nos anos 2018 e 2019 no treito que vai de Portomouro a Santa Comba, entre o parque empresarial de Santa Comba e Abuín. Estas actuacións, cun investimento autonómico de máis de 3,2M de €, centráronse na execución dun novo trazado alternativo para evitar o paso polo núcleo de Salgueiroas.

As obras conseguiron o reforzo da seguridade viaria nesta contorna, dado que o trazado anterior, encaixada entre edificacións neste núcleo, tiña varias curvas de radio moi reducido e interseccións con escasa visibilidade.

Post navigation

Previous: Abre ao tráfico o Pombal e reclaman arranxos para a contorna
Next: O Museo das Minas de San Finx reabre as súas portas

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.