займ срочно

Melloras na estrada de Santa Comba

0

Bisbarra, 26 de xullo do 2022 – A pasada semana a Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou a adxudicación da redacción do proxecto de mellora da estrada de Santa Comba entre Paramos e Faílde.

A Conselleira estivo acompañada polo Delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, nunha reuniión coa alcaldesa de Santa Comba, María Josefa Pose, e os alcaldes de Val do Dubra, José Manuel Varela, e A Baña, Andrés García. O obxectivo é mellorar o trazado sinuoso deste tramo da AC-406, favorecendo a condución na contorna entre Santa Comba e Santiago de Compostela

O contrato, adxudicado por máis de 18.000 euros, definirá as actuacións necesarias neste treito de 3,7 km para reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade na zona. A Xunta dará continuidade ao treito xa en servizo na estrada AC-406, entre Abuín e o parque empresarial de Santa Comba, que supuxo un investimento autonómico de 3,21 M€.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies