займ срочно

A Xunta mellora a seguridade e o acceso peonil a zona do Seilán na Baña

0

Bisbarra, 6 de febreiro do 2023 – A Xunta investirá preto de 360.000 euros na mellora da accesibilidade e da seguridade peonil no lugar do Seilán na Baña.

Lugar de Seilán

As melloras en Seilán as anunciou a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, nun encontro de traballo no que participaron o alcalde da Baña, Andrés García, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

A titular de Infraestruturas adiantou que nos vindeiros días se iniciará a supervisión técnica do proxecto co obxectivo de poder sometelo a información pública o antes posibles, xa que require de expropiacións.

O obxectivo da intervención é mellorar a accesibilidade peonil en ambas as marxes da estrada nun treito de preto de 900 metros, concretamente, entre os puntos quilométricos 0+570 e 1+450.

EN Seilán habilitarase un itinerario peonil continuo, renovando e ampliando as beirarrúas existentes e engadindo outros novos onde non as hai. A intervención inclúe a implantación de canalización de abastecemento, seguindo o trazo da beirarrúa ampliada, tal e como demandou o Concello.
A titular de Infraestruturas tamén se comprometeu a atender a solicitude municipal de duplicar a condución de saneamento co fin de eliminar os vertidos actuais de varias vivendas cara á estrada.

Ethel Vázquez puxo en valor o traballo do Goberno galego para manter en boas condicións de seguridade e de comodidade a rede viaria autonómica, con actuacións como o reforzo do firme levado a cabo recentemente nas estradas AC-406 e AC-546, que supuxeron un investimento de preto de 300.000 € só no concello da Baña.

A mellora do firme destas vías enmárcase nun contrato maior co que se actuou en tres estradas de titularidade da Xunta ao seu paso polos concellos de Tordoia, Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Negreira e A Baña cun investimento global que supera o 1,5 millóns de euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies