займ срочно

O Gaias acolleu a presentación do libro “Galicia, paisaxe de futuro”

0

Compostela, 17 de xaneiro do 2023 – O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este martes na presentación do libro “Galicia, paisaxe de futuro” do fotógrafo Carlos Rodríguez.

Rueda destacou “o potencial da fotografía e da paisaxe para reflectir unha Galicia orgullosa da súa bagaxe”. O presidente engadiu que “Galicia, paisaxe de futuro;  contén 150 razóns, tantas como fotografías, para que a Comunidade reivindique desde as súas tradicións ata as manifestacións máis vangardistas da terra”.

No acto participaron tamén o xornalista Fernando Ónega; o Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García ou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Tamén estiveron non Gaias alcaldes da bisbarra como o de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, ou o de Boqueixón, Manuel Fernández Munín.

O libro mostra 150 imaxes que van desde as paisaxes máis tradicionais ás máis vangardistas. Unha mestura do urbano e o rural que expón espazos de todo o territorio Galego.

Carlos Rodríguez e natural de Arbo, en Pontevedra. Con 19 anos, en 1970, trasládase a Zurich en Suíza onde se forma durante cinco anos.  É autor de diversos libros e publicacións como “Sons dunha Viaxe Milenaria”, “Catedrais de España e os seus Paradores” ou o “Libro Conmemorativo dos 500 Anos do Hostal dos Reis Católicos, Santiago de Compostela”.

En 1994 funda a Editorial Ferramulin Edicións SL. e recibe en Londres o primeiro premio “GOLD 95” á mellor edición dese Ano promovido por “The Donside Print Awards” ao libro “Galicia Instante Eterno”, un libro institucional da Xunta de Galicia. En 1995 concédenlle unha das máis relevantes distincións do mundo Turístico como o premio “ALIMARA 95” da Universidade de Barcelona aos mellores Carteis Turísticos de España 1995. En 1996 recibiu o primeiro premio aos mellores carteis Turísticos de Europa en Lisboa 1996. Figura en Publicacións profesionais como Art Directors Index To Fotographers.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies